Hoxe o alumnado de ciclos asiste á Feira de Emprego "Ecoimaxín" que celebra a súa terceira edición durante os días 24, 25 e 26 de outubro, na Casa dos Alonso da Guarda. Este ano contará con charlas e conferencias de especialistas do sector, que falarán sobre «Novos perfís profesionais para un mundo sustentable», «Turismo sustentable, impacto no desenvolvemento local», «Responsabilidade Social nunha gran empresa», «Porque non hai un planeta B». Remata sábado cunha Feira de empresas da contorna e coa presentación do portal de Emprego.
O profesorado do Departamento de Administrativo acompañará ao alumnado do Ciclo Medio de Xestión Administrativa e do Ciclo Superior de Administración e Finanzas. O venres sumaranse o alumnado de segundo curso dos Ciclos Medios de Sistemas Microinformáticos e Redes, de Electromecánica de Vehículos, de FP Dual de Carrozaría e mais os docentes destes grupos.