O pasado 21 de febreiro houbo unha viaxe conxunta a Ourense dos ciclos de Administrativo e de Tecnoloxía de 1º de Bacharelato.
O alumnado de administrativo visitaron a STL (Sociedad Textil Lonia), empresa téxtil líder en España en confección de gama alta que produce, distriúe e comercializa as marcas Carolina Herrera e Purificación García. Viron as fábricas e o almacén, coñeceron a empresa en xeral e, de preto, as fases de confección, almacenamento e distribución. A continuación, achegáronse ata Aceites Abril, o maior produtor de aceite de Galicia que comercializa as súas propias marcas e as marcas brancas de moitos supermercados (Froiz, Gadis e Dia entre outras). Coñeceuse a historia da empresa, o ciclo de produción do aceite, asistiuse a cadea de envasado e visitáronse os almacéns.
Por outra banda, o alumnado de Tecnoloxía visitou a escola de Enxeñaría Aeronáutica da Universidade de Vigo, os seus laboratorios, as máquinas de mecanizado e mesmo un túnel de vento experimental. Por último, o Centro Tecnolóxico La Molinera, un referente en Ourense, no que viron impresoras 3D que poden imprimir ata 1 metro cúbico, unha máquina de corte por láser e lentes de realidade virtual que todos puideron probar.
STLonia.
Aceites Abril.
La Molinera.
Ourense. Alumnado de Tecnoloxía.