Skip to Content

Queres ser axudante de biblioteca?

Este curso 2017-2018, unha das novidades da Bibliotegra consiste na figura do axudante de biblioteca, un alumno ou alumna que colabore nun recreo por semana. Asinaredes un contrato, durante os recreos deberedes ir identificados como axundates e recibiredes un diploma ao final de curso.
Tarefas: 
  • Informar aos usuarios sobre: os servizos e as normas da biblioteca, a consulta do catálogo na rede, a distribución e ubicación dos fondos. 
  • Axudar na busca de recursos en calquera soporte, orientándoos tanto na lectura de lecer coma na busca de información. 
  • Recomendar lecturas aos compañeiros. 
  • Informar ao profesorado do equipo da biblioteca (ou a quen estea de garda nese momento) sobre o mal uso dos materiais (incluíndo os ordenadores: conexión a redes sociais e páxinas web inapropiadas).
  • Divulgar entre os usuarios as posibilidades de solicitud de materiais no buzón das suxestións e a través da dirección de correo bibliotrega@gmail.com 
  • Propoñer novas adquisicións e/ou actividades. 
  • Colaborar na organización das actividades. 
  • Colaborar nas actividades de xestión como: colocar os libros nos estantes, comprobar a orde dos mesmos, colocar etiquetas, achegar os documentos a unha nova localización.


story | by Dr. Radut