19/09/2017 08:20
19/09/2017 14:00
Etc/GMT+1
Convócanse dúas bolsas para estudantes ou persoas tituladas do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, para realizar unha mobilidade de 90 días en Portugal. Estas bolsas teñen como obxecto a estancia formativa nunha empresa, como parte do módulo da FCT, e polo tanto acreditada dentro do título de Técnico superior, ou ben como titulado/a, para completar a súa formación técnica.
As solicitudes presentaranse entre o 15 e o 22 de setembro de 2017.
As persoas interesadas presentarán aos seus titores e titoras os seguintes documentos:
- Solicitude (pódese pedir un modelo á titora ou titor).
- Curriculum europeo (español).
- Carta de motivación, dirixida ao equipo educativo (arquivo de word libre, indicar nome e data).
Convenio 2017-1-ES01-KA103-037774