Skip to Content

Estudo topográfico e da biodiversidade da praia da Lamiña

15/12/2016 08:20
Etc/GMT+1

 

foto grupo

Alumnado de Bioloxía e Xeoloxía e de Portugués de 4º de ESO realizaron unha actividade de campo na praia da Lamiña para determinar o seu perfil topográfico e estudar a súa biodiversidade vexetal. A actividade estivo guiada pola profesora de Portugués Marisa Guerra e o profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Juan Hermida.

A actividade práctica enmárcase dentro das actividades complementarias do alumnado nas correspondentes materias así como no estudo que o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía leva realizando nos últimos anos da desembocadura do río Miño ao abeiro do proxecto “Un mar de coñecemento” dentro dos contratos programa.

Nesta ocasión o alumnado determinou o perfil topográfico da praia, actividade que volverán repetir en primavera xa que o perfil topográfico das praias cambia ao longo do ano en fución das estacións meteorolóxicas. Así mesmo, realizouse un estudo da biodiversidade vexetal dos fenais, o que permitirá determinar as diferentes adaptacións das especies vexetais a este medio físico. O alumnado de Portugués, realizará un estudo das especies vexetais, a súa relación coa denominación en lingua portuguesa e a súa importancia etnográfica.

Os resultados destes traballos exporanse a final de curso para toda a comunidade educativa.

alumnado traballando na praia



event | by Dr. Radut