Skip to Content

The Big Challenge

O noso alumnado vén de participar no concurso estatal The Big Challenge, no que obtivo moi bos resultados, incluso algúns grupos acadaron os primeiros postos provinciais. Elsa Vázquez, de 4º ESO A, foi a ganadora provincial do seu nivel.

The Big Challenge é un concurso estatal que vai dirixido ao alumnado de Secundaria e no que poden participar todos os centros de ensino de España que teñan o inglés como lingua estranxeira. A data é a mesma para todos os centros participantes. A proba consiste en 54 preguntas tipo test cunha única resposta correcta entre catro posibilidades, e comprende cuestións de vocabulario, gramática, pronunciación e civilización (cultura xeral de Estados Unido e Gran Bretaña). Cada nivel ten un cuestionario específico e tense que responder en 45 minutos.
O principal obxectivo deste concurso é favorecer a aprendizaxe do inglés a través dunha actividade lúdica de carácter pedagóxico.

 Na imaxe, un dos grupos participantes coas súas profesoras.



story | by Dr. Radut