Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Venres Decembro 15, 2017
Start: 15/12/2017 09:00

troco de libros información

Sábado Decembro 16, 2017
Start: 16/12/2017 08:20

Dentro do proxecto interdisciplinar “Plastic Free A Guarda” / “A Guarda sen plástico” que estamos levando a cabo en 1º. de ESO este curso, o pasado 16 de decembro recibimos no instituto a María Durán e dúas compañeiras máis de Amigos da Terra.

Nunha interesantísima charla-obradoiro presentáronnos e invitáronnos a reflexionar sobre moitos temas relacionados co consumo e o coidado do medio natural: a nosa responsabilidade no consumo, o sobreconsumo, a obsolescencia programada, a necesidade de analizar a orixe e impacto medioambiental e social dos produtos que mercamos, o comercio xusto, a mochila ecolóxica, a importancia de rexeitar, reducir, reparar, reutilizar e alongar a vida dos materiais, a alargascencia… Moito que pensar e traballar.

Con elas planificamos tamén unha campaña para promover a redución do uso dos envases e bolsas plásticas en A Guarda e organizamos un pequeno mercado de troco que nos amosou como outras persoas poden necesitar ou darlle uso aos obxectos que nós xa non necesitamos ou non utilizamos, alongando a súa vida útil.

Domingo Decembro 17, 2017
Luns Decembro 18, 2017
Martes Decembro 19, 2017
Start: 19/12/2017 12:20
End: 19/12/2017 14:00

Mércores 20 de decembro

A Sangriña, un espazo de diversidade LGTB.

Salón de actos:

  • 12:20-13:10. 1º e 3º da ESO.
  • 13:10-14:00. 2º e 4º da ESO.

Proxección da curtametraxe brasileira Eu não quero voltar sozinho e debate. Aulas de cada grupo nese horario:

  • 12:20-13:10. 2º e 4º da ESO.
  • 13:10-14:00. 1º e 3º da ESO.
Mércores Decembro 20, 2017
Start: 20/12/2017 12:20

cartaz 

O alumnado da ESO e Bacharelato acudirá este mércores e xoves a diferentes actividades enmarcadas no Nadal de Cor, actividade organizada polo alumnado e profesorado do centro.

O mércores terán lugar de 12:00 a 14:00 dúas actividades simultáneas. No salón de actos alumnado de 1º de Bacharelato dará unha charla sobre a diversidade afectivo-sexual no instituto, co obxectivo de visibilizar o colectivo e contribuír á reflexión en torno a esta realidade. Ao mesmo tempo proxectarase nas aulas Eu não quero voltar sozinho, curtametraxe brasileira, en torno á cal se procurará enlazar un debate, coordinado en todas as aulas por rapaces e rapazas que tamén fan parte da Comisión de Xénero e LGTB do Equipo de Normalización Lingüística.

Xa o xoves, o Nadal de cor repetirase en dúas sesións, de 08:20 a 10:00 e de 10:15 a 12:00, no salón de actos, para diferente alumnado do centro. Entre as actividades das que estará composto o acto poderemos gozar de baile contemporáneo, rock en galego, música a piano e voz, blues, e lectura de poemas e do manifesto LGTB redactado pola Comisión.

Xoves Decembro 21, 2017
Start: 15/12/2017 09:00
End: 21/12/2017 14:00

troco de libros información

Start: 20/12/2017 12:20
End: 21/12/2017 12:00

cartaz 

O alumnado da ESO e Bacharelato acudirá este mércores e xoves a diferentes actividades enmarcadas no Nadal de Cor, actividade organizada polo alumnado e profesorado do centro.

O mércores terán lugar de 12:00 a 14:00 dúas actividades simultáneas. No salón de actos alumnado de 1º de Bacharelato dará unha charla sobre a diversidade afectivo-sexual no instituto, co obxectivo de visibilizar o colectivo e contribuír á reflexión en torno a esta realidade. Ao mesmo tempo proxectarase nas aulas Eu não quero voltar sozinho, curtametraxe brasileira, en torno á cal se procurará enlazar un debate, coordinado en todas as aulas por rapaces e rapazas que tamén fan parte da Comisión de Xénero e LGTB do Equipo de Normalización Lingüística.

Xa o xoves, o Nadal de cor repetirase en dúas sesións, de 08:20 a 10:00 e de 10:15 a 12:00, no salón de actos, para diferente alumnado do centro. Entre as actividades das que estará composto o acto poderemos gozar de baile contemporáneo, rock en galego, música a piano e voz, blues, e lectura de poemas e do manifesto LGTB redactado pola Comisión.

Start: 21/12/2017 08:20
End: 21/12/2017 13:00

O último día de clase, o 21 de decembro, vaise desenvolver do seguinte xeito: 

  • 8:20 - 10:00 h. Actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística para 1º, 2º e 3º ESO no Salón de Actos (clase normal para 4º ESO, 1º e 2º BACHARELATO) .
  • 10:15 - 11:55 h. Actividades organizadas polo Equipo de Normalización Lingüística para 4º ESO, FPB, 1º e 2º BACHARELATO no Salón de Actos (clase normal para 1º, 2º e 3º ESO).
  • 11:55 - 12:20 RECREO.
  • 12:20 - 13:00 ENTREGA DE NOTAS POLOS TITORES E TITORAS NAS AULAS DE REFERENCIA.
  • 13:00 FIN DAS CLASES E RECOLLIDA DO ALUMNADO POLO SERVIZO DE TRANSPORTE.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut