Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
8
Start: 08/05/2017 20:15
Ficha de inscrición no arquivo adxunto.
| 9
Start: 09/05/2017 09:10
Este ano celébrase o centenario do nacemento de Gloria Fuertes, e desde o noso centro quixemos sumarnos á homenaxe que se lle debe a esta gran poeta das letras españolas cun pequeno e impecable recital a cargo do alumnado de 4° de Primaria do colexio A Sangriña para un público moi antento e entregado, conformado polo alumnado de 2° de ESO.
Ademais, para dar peche ao proxecto de Contos do mundo, léronnos un conto tradicional chinés empregando o kamishibai, unha sorte de teatro para láminas, láminas que neste caso confeccionou o propio alumnado de primaria.
Velaquí algunhas imaxes do acto.
Start: 09/05/2017 20:00
Con motivo das sucesivas modificacións na lexislación para as probas de acceso á Universidade (ABAU) e outras circunstancias que afectan ao alumnado de 2º de Bacharelato, manterase unha sesión informativa o vindeiro martes 9 de maio ás 20:00 h no salón de actos do IES A Sangriña.
| 10
Start: 10/05/2017 08:00
End: 10/05/2017 08:20
Un grupo de cincuenta alumnos e alumnas pertencentes a 4º de ESO e 1º de Bcaharelato viaxaron o mércores, 10 de maio, a Ourense co gallo de resaltar a figura de Carlos Casares, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano 2017.
Acompañados polos docentes María José Guerra, Denis Vicente e Neves Rodríguez, realizaron en primeiro lugar un roteiro literario pola cidade auriense. Neste percorrido, guiados por un experto do Concello, puideron escoitar importantes referencias e anécdotas en torno a grandes autores de Ourense: Otero Pedrayo, Vicente Risco, Blanco Amor, Méndez Ferrín e, por suposto, Carlos Casares, de quen visitaron, ademais, a exposición sita na Rúa do Paseo.
Rematado o roteiro, o Centro de Interpretación das Burgas foi a seguinte e última parada na cidade. Logo puideron comer ao aire libre e gozar dun baño nas Termas de Outariz, para finalizar esta interesante viaxe cultural en Trasalba, coa visita da fermosa casa familiar de Otero Pedrayo.
Start: 10/05/2017 16:30
Convócase a todo o profesorado do centro ao claustro ordinario que terá lugar o mércores 10 de maio ás 16:30 h na sala do profesorado.
Start: 10/05/2017 19:30
Convócase a todas as persoas representantes á reunión do Consello Escolar, que se celebrará o mércores 10 de maio de 19:30 a 20:30 h na biblioteca do centro.
| 11
| 12
| 13
| 14
|