Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Xoves Abril 27, 2017 »
Xov
A pasada semana recibimos a visita dun grupo de alumnas e alumnos daneses do instituto Langkaer de Aarhus. Foron uns días intensos, cun completo programa de actividades culturais e didácticas. Unha experiencia moi positiva que agardamos que teña continuidade.

Start: 27/04/2017 10:30
End: 27/04/2017 11:30

Na primeira fase da Olimpíada Matemática Galega 2017 representaron ao centro oito alumnas e alumnos de 2° de ESO.

Sul Baz, Sandra Martínez e Iria Martínez, de 2° ESO A; Víctor Adrover, Diego Lima e Raquel Martínez, de 2° B; e Carlos Alfonso e Miguel Moreira, de 2° C, asistiron ás probas celebradas no IES O Castro (Vigo) o pasado 27 de abril, acompañados da súa profesora Carmen López, con moita ilusión e moitos nervios. Tras dúas horas de competición, dos 95 participantes nesta primeira fase de zona serían seleccionadas nove persoas para pasar á final, que terá lugar o 18 en maio en Lugo.

Temos unha moi boa noticia: entre eses nove hai tres nomes do IES A Sangriña, quedaron finalistas Sul, Iria e Víctor!

Parabéns a todo o alumnado participante, e especialmente ao finalista! Sodes un orgullo para o noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut