Events
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
13
all day
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. | 14
Start: 02/02/2017 09:10
End: 14/03/2017 10:15
Deu comezo o ciclo de contacontos "Contos do mundo" que estamos a levar a cabo entre o CEIP A Sangriña e o noso instituto, organizado por ambas as dúas Bibliotecas. Neste caso os contacontos son moi especiais: trátase do noso alumnado, que fará rir e soñar a rapazas e rapaces do colexio veciño. No colexio traballan por proxectos, e a temática deste ano son os países do mundo: cada nivel céntrase nun país (Senegal, Cuba, Australia etc.), e os contos que nós lles levamos para lles contar na súa biblioteca gardan relación cos ditos países. Alén do carácter lúdico e didáctico, está resultando unha experiencia moi positiva para todas e todos, moi motivadora, enriquecedora, e que ademais camiña cara a estreitar lazos na nosa comunidade educativa. Start: 14/03/2017 09:10
Viaxamos ao Polo Norte da man de 4º de Educación Infantil (3 anos), na sétima sesión de Contos do mundo. Desta volta, ante este público tan atento e espontáneo, o alumnado de 2º de ESO B representou, cantando e bailando, o conto Vamos a cazar un oso, que preferiu adapatar como Vamos a buscar un oso. Ademais, na randeeira dos contos, a alumna Laura Rodríguez, leulles a divertida historia do reno Renato. Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
| 15
Start: 15/03/2017 10:00
Os tres porquiños de Venecia é o título do conto teatralizado que o alumnado de 1º de ESO, coa profesora Menchu Costa, preparou para as cativas e os cativos de 4 anos do veciño CEIP A Sangriña, dentro do proxecto de ambas as dúas Bibliotecas titulado Contos do mundo, sobre o que levamos varias semanas informándovos. Coma sempre, o lugar do encontro foi o colexio, aínda que desta volta no canto da biblioteca, a sesión tivo lugar no salón de actos. Este alumnado de 5º de Educación Infantil está a traballar nun proxecto sobre Italia, país co que gardaba relación o conto representado. Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
| 16
| 17
| 18
| 19
Start: 19/03/2017 10:00
A India foi o país ao que viaxaron rapaces e rapazas de 6º de Primaria do CEIP e 2º de ESO do noso instituto, acompañados de Neves Rodríguez, na novena sesión do proxecto de Contos do Mundo. O conto escolleito desta volta foi Filemón o engurrado, unha fermosa historia sobre un vello elefante, escrita por Michael Ende, que cativou ao auditorio.
Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.
|