Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Novembro 14, 2016
Start: 14/11/2016 11:05
End: 14/11/2016 14:00

Un año máis, o noso alumnado asisitiu a un espectáculo literario de Ricardo Frazer. Nesta ocasión foi a obra Tempestades, unha mestura de poesía e teatro na que o alumnado de 2°, 3° e 4°de ESO puido gozar dos textos de León Felipe, Shakespeare, Camus, Ibsen ou Calderón.

Martes Novembro 15, 2016
Mércores Novembro 16, 2016
Xoves Novembro 17, 2016
Start: 17/11/2016 16:30
Convócase a todo o profesorado do centro ao claustro ordinario que terá lugar na sala do profesorado o xoves 17 de novembro ás 16:30 h.
Venres Novembro 18, 2016
Sábado Novembro 19, 2016
Domingo Novembro 20, 2016
Start: 20/11/2016 00:00

Hoxe celébrase o Día Universal da Infancia, día que serve para lembrar que os nenos e as nenas son o colectivo máis vulnerable, o que máis sofre a crise, as guerras e os problemas do mundo. Todos os nenos e nenas teñen dereito á saúde, á educación e á protección, independientemente do lugar do mundo no que nacesen.

Desde a biblioteca, este ano quixemos chamar a atención sobre as condicións tan inxustas que están a vivir miles de nenas e nenos refuxiados, en tantos lugares do mundo. E como pequeno xesto, o alumnado de 3° de ESO levou a cabo unha actividade que consistiu en debuxar nunha cartolina cadansúa man, de cor branca, e a palabra refuxiados en más de 30 linguas diferentes.

 

Luns Novembro 21, 2016
Start: 21/11/2016 11:55
End: 21/11/2016 12:20
Convócase a todo o profesorado do centro ao claustro extraordinario que terá lugar o luns 21 de novembro ás 12:00 h no salón de actos.
Martes Novembro 22, 2016
Start: 22/11/2016 08:20

O pasado martes 22, o alumnado de Automoción, acompañado polo seu profesorado, visitou unha serie de coleccións privadas de vehículos.

A primeira que coñeceron foi a de Manuel Gómez, en Mañufe (Gondomar), onde puideron ver pezas exclusivas e de gran valor. Cabe destacar o primeiro vehículo fabricado en serie en Europa do marqués de Dion, un Dion & Buton que conta cun motor de explosión de 4 tempos e unha soa válvula, unha peza moi especial.

Tamén visitaron a colección de Manolo Ferreira, colección de altísimo valor económico, e nela os alumnos puideron ver moitas pezas únicas de grande interese técnico.

Mércores Novembro 23, 2016
Xoves Novembro 24, 2016
Start: 24/11/2016 08:20
End: 24/11/2016 16:30
Onte 109 alumnas e alumnos de 1° e 2° de ESO gozaron dunha xornada didáctica diferente: asistiron ao cine en Vigo, onde viron a película Un monstruo viene a verme, e visitaron o Museo Etnográfico Liste, onde percorreron cun guía as 8 exposicións permanentes sobre diferentes aspectos da nosa cultura, e unha exposición itinerante, "En feminino: a silente presenza", que busca reflectir o traballo feminino dos derradeiros séculos en Galicia. Mágoa que o tempo non permitise completar o programa co paseo botánico polo Castro, tal como estaba pogramado.
Start: 24/11/2016 16:30
Convócase a todo o profesorado do centro ao claustro extraordinario que terá lugar o xoves 24 de novembro ás 16:30 h na sala do profesorado.
Venres Novembro 25, 2016
Start: 25/11/2016 08:20
O vindeiro día 25 de novembro, Día Internacional da Violencia contra a Muller, o noso centro quere sumarse ás reinvindicacións dos dereitos das mulleres e pór o noso gran de area para cambiar esta realidade de violencia machista que están a sufrir.

Faremos un pequeno acto no vestíbulo do centro que consistirá nunha lectura dalgúns poemas significativos da nosa literatura, por parte do alumnado. Estades todas e todos convidados a participar neste recital: se queredes anotarvos, falade con Neves (Galego), Denis e Gisela (Castelán) ou Bea (Plástica).

Ademais, na biblioteca haberá unha selección de obras de mulleres para que todo o alumnado poida acceder a elas. 

Convidámosvos tamén a todas e todos a traer algo semellante a unha cinta ou lazo de cor violeta, con ou sen mensaxe escrita, para construír unha cabeleira de muller.


Ese día traede algunha prenda de roupa violeta.

Animádevos a participar! 

Start: 25/11/2016 12:00

O pasado venres 25 de novembro, Día Internacional da Violencia contra a Muller, xuntámonos no vestíbulo do centro para ler e escoitar reivindicativos poemas das nosas grandes autoras, con intención de visibilizar e sensibilizarnos ante un problema tan grave que vive a nosa sociedade. É esperenzadora a alta participación que tivo esta actividade.

 

Sábado Novembro 26, 2016
Domingo Novembro 27, 2016
Luns Novembro 28, 2016
Martes Novembro 29, 2016
Mércores Novembro 30, 2016
Start: 30/11/2016 10:00
O pasado mércores 30 de novembro celebrouse nas instalacións da Residencia Monte Tecla unha xuntanza de máis de 80 persoas para realizar un taller creativo de manualidades. Con tan só porexpán, la e cartolinas, mans infantís, adolescentes, adultas e anciás crearon xuntas unha árbore de Nadal.
 
Coma sempre, participaron usuarias e usuarios do CEE San Xerome Emiliani, da Asociación Avelaína e da Residencia Monte Tecla, alumnado do CEIP e IES A Sangriña, constituíndo un abano de persoas de entre 5 e 80 anos de idade. En tan só 90 minutos, cada cal coa súa función e responsabilidade, confeccionaron unha árbore única e decorativa acorde á diversidade e xenialidade dos seus autores. Parabéns!
 
Xoves Decembro 01, 2016
Start: 07/11/2016 09:00
End: 01/12/2016 21:00

Velaquí o calendario:

Start: 01/12/2016 10:15

Data: 1 de decembro 2016.
Hora: de 10:15 a 12:00 h.
Lugar: salón de actos.
PonenteFernando Álvarez Pereira, Técnico de Servizos Xerais, Subdirección de Información Especializada, Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). 
Alumnado: 2º curso dos ciclos medios de Carrozaría, Mecánica, Xestión Administrativa, Sistemas Microinformáticos e Redes e 2º curso do ciclo superior de Administración e Finanzas, 4º ESO B. 
Organiza: Departamento de FOL. 
Programa: proceso de creación dunha empresa.

  • Plan de empresa. 
  • Plan económico-financeiro (programa viable 2020). 
  • Servizos de información e asesoramento prestados polo IGAPE. 
  • Servizos de formación. 
  • Programas de axudas (financeiras e de capital). 
  • Unidade Galicia Emprende. 
  • Start: 01/12/2016 16:30
    Convócase a todas as persoas representantes á reunión constitutiva do Consello Escolar do IES A Sangriña, que se celebrará o xoves 1 de decembro ás 16:30 h na biblioteca do centro.
    Venres Decembro 02, 2016
    Start: 02/12/2016 08:00
    End: 02/12/2016 10:00

    O próximo venres día 2 de decembro levarase a cabo unha colleita de alimentos por parte de Conrazones para as familias máis necesitadas do municipio.

    Necesítase de forma urxente leite, conservas cárnicas e de peixe, aceite, legumes, cacao e os seus derivados. Tamén alimentos propios do Nadal.

    Podedes traer ao centro a vosa achega o venres 2 e entregala no seguinte horario: de 8:00 h a 10:00, e de 16:00 h a 17:00 h.

    Luns Decembro 05, 2016
    Start: 05/12/2016 11:55
    End: 05/12/2016 12:20

    Este luns, 5 de novembro, no segundo recreo, celebraremos o magosto no noso centro.

    Organízao o Departamento de Administrativo coa finalidade de recadar fondos para a viaxe a Madrid que vai realizar o alumnado de 1º e 2º do Ciclo Superior de Administrativo no mes de abril.

    Bo proveito!

    Martes Decembro 06, 2016
    Start: 06/12/2016 00:00

    Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

    O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

    O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

    Mércores Decembro 07, 2016

    Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

    O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

    O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

    Xoves Decembro 08, 2016
    Start: 06/12/2016 00:00
    End: 08/12/2016 00:00

    Esta semana o noso centro estivo presente na prensa.

    O pasado martes Faro de Vigo publicaba unha noticia sobre a participación do centro no proxecto EpDLab, proxecto centrado na educación en valores e novas tecnoloxías, e no que participamos desde o curso pasado. Podedes ler a noticia aquí.

    O xoves, de novo no Faro, unha referencia ao éxito do noso alumnado no Rally Matemático e Científico Sen Fronteiras (rally que ganaron tres anos seguidos) e a visión que ten ao respecto o director do centro, dentro dunha reportaxe máis ampla sobre a excelencia no ensino galego, en relación aos resultados do informe PISA. Tendes dispoñible a reportaxe completa aquí, e a referencia ao noso centro aquí.

    Venres Decembro 09, 2016
    Start: 09/12/2016 10:15

    As tesoiras de Matisse e Pintores foron os contos que escolleu o equipo de biblioteca para a sesión de contacontos á que asisitiron tres grupos de infantil do CEIP A Sangriña, sesión que levou a avezada contacontos Beatriz Núñez, e na que o noso alumnado de 1º de ESO actuou como anfitrión.

    O alumnado de infantil obsequiounos cun adorno de Nadal que colgamos na nosa árbore.

    Trátase da primeira actividade conxunta das bibliotecas do noso centro e o CEIP A Sangriña. Esperemos que sexa a primeira de moitas!

     

    alumnado de infantil sentado durante o conto

    Luns Decembro 12, 2016
    Start: 12/12/2016 11:55
    End: 12/12/2016 12:20
    Convócase a todo o profesorado do centro ao claustro extraordinario que terá lugar o luns 12 de decembro ás 11:55 h no salón de actos.
    Distribuir contido


    by Dr. Radut