Events
Mér | ||
---|---|---|
O pasado 19 de abril deron comezo as primeiras Xornadas dos Libros ás Letras, organizadas por Normalización Lingüística. A programación inclúe numerosas actividades ata o 18 de maio programadas para o segundo recreo no salón de actos, e conta coa especial colaboración dos Departamentos de Linguas, Música, Debuxo e Filosofía.
Trátase dunhas xornadas abertas á participación de todas e todos, animádevos! Este curso unha parte do alumnado de ciclos medios está a realizar parte das prácticas no estranxeiro. Trátase do Proxecto Europeo KA102, coordinado no noso centro por Teresa Álvarez. Desde abril ata finais deste mes de xuño, Miriam Lechuga, Manuel Pereira, Borja Pérez e Emanuil Petrov realizarán parte da FCT en Terni (Italia), e Pablo Fernández, Adrián Álvarez, Brais Grandín e Alberto Dios, en Lisboa (Portugal).
|