Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Abril 25, 2016 »
Lun
O pasado 19 de abril deron comezo as primeiras Xornadas dos Libros ás Letras, organizadas por Normalización Lingüística. A programación inclúe numerosas actividades ata o 18 de maio programadas para o segundo recreo no salón de actos, e conta coa especial colaboración dos Departamentos de Linguas, Música, Debuxo e Filosofía.
Trátase dunhas xornadas abertas á participación de todas e todos, animádevos!
 
Start: 25/04/2016 16:00
End: 25/04/2016 17:40

 

Este luns 25 de abril visitou o IES A Sangriña a escritora e profesora Sonia Mirón, autora da novela xuvenil Si tú quieres.

Durante algo máis dunha hora, a autora conversou co alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO sobre a súa obra. Tras unha breve exposición na que explicou como foi a súa entrada no mundo da escrita, como lle influíu o seu pimeiro libro en propiedade cando era nena, a súa querenza pola lectura desde ben nova e como foi o proceso de composición de Si tú quieres, deixou a palabra aos rapaces e rapazas. Estes fixeron numerosas e interesantes preguntas sobre o argumento da novela, o traballo de creación, o traballo de escritora, e moitas outras cuestións e curiosidades. Para finalizar, todas aquelas persoas que quixeron pudieron levar os seus exemplares firmados e dedicados pola autora.

Agradecemos a Sonia Mirón a súa visita e desexámoslle o mellor para esa segunda novela que está a piques de saír do prelo.

Distribuir contido


by Dr. Radut