Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 10, 2015
Start: 10/11/2015 00:00
O pasado martes 10 de novembro, o IES A Sangriña despediuse de Margaux Beddeleem e Angèle Frantz tras un mes de convivencia e experiencias inesquecibles.
Unhas auténticas aventureiras que con só 14 anos realizaron con éxito unha mobilidade de 28 días na localidade guardesa. Félicitations, les filles!
Bon retour à Dunkerque!
 
Luns Novembro 23, 2015
Start: 23/11/2015 11:00
O pasado luns 23 de novembro, o alumnado de 1°, 2° e 3° de ESO asistiu á representación teatral R2D2 y el caballero de la triste figura, da compañía de Ricardo Frazer, no auditorio de Goián. Co apoio incondicional dun Sancho Panza ben peculiar, o actor recreou de xeito moi orixinal pasaxes célebres de Don Quijote de la Mancha.
Mércores Novembro 25, 2015
Start: 25/11/2015 00:00

Durante estes días voluntarios da asociación Conrazones levarán a cabo a súa campaña de Nadal no centro.

O mércores 25 de novembro, o presidente e voluntarios da organización explicaarán o proxecto Conrazones ao alumando de 1º, 2º e 3º de ESO.

O venres 27 de novembro, realizarase a OPERACIÓN KILO, que consiste na recollida de alimentos para aquelas persoas que máis os necesitan. Podedes entregar a vosa achega aos voluntarios da asociación no seguinte horario: de 8:00 h a 9:00, e de 16:00 h a 17:00 h.

 

Mércores Decembro 02, 2015
Start: 02/12/2015 11:00

O pasado dous de decembro o alumnado de 3º e 4º de ESO, acompañado polo profesorado do Departamento de Música, tivo a oportunidade de asistir a un concerto didáctico da orquestra sinfónica de Galicia, en Santiago de Compostela.

Gozaron dun programa moi atractivo e interesante, puideron escoitar diferentes movementos das obras dos compositores dos periodos galante e clásico coma "Luigi Boccherini " e Wolfgang Amadeus Mozart, do que escoitaron pezas de danza coma serenatas, marchas, minués e rondeaux. O director da orquestra, Maximino Zumalave, explicou os diferentes movementos, o propósito e o sentimento dos mesmos. Tamén puideron escoitar instrumentos da época como a trompa de postillón. Finalmente, algúns alumnos e alumnas conversaron persoalmente con el sobre cuestións musicais.

Unha experiencia interesantísima para gozar, espertar a sensibilidade, comprender e palpar a música de primeira man.

Distribuir contido


by Dr. Radut