Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Xaneiro 27, 2015
Start: 27/01/2015 17:00

Benvidos ao Norte!

Dezaseis alumnos de 2º e 3º ESO inician hoxe unha viaxe de intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque.
Ao longo da semana, convivirán coas respectivas familias francesas e gozarán dun atractivo programa de actividades culturais e deportivas, organizadas polo centro galo. Visitarán distintas cidades da Rexión Nord-Pas-de-Calais así como as cidades belgas de Ypres e Bruxas.

Bon séjour!

 

 

Xoves Xaneiro 29, 2015
Start: 29/01/2015 15:00
Tras vinte días de convivencia na Guarda coas súas compañeiras italianas, as alumnas de 1º de bacharelato Antía Estévez, Jana Expósito e Claudia Marcelli incorporáronse hoxe, 29 de xaneiro, ao Instituto lingüístico Francesco Angeloni de Terni (Italia), onde estudarán os dous próximos meses.
 
Sábado Febreiro 21, 2015
Start: 21/02/2015 15:00

O pasado 21 de febreiro, alumnado e profesorado de Lingua Portuguesa foron entrevistados pola cadea portuguesa RTP para o seu telexornal, O Jornal da Tarde.

Podedes velo nesta ligazón, avanzando ata o minuto 24 (24:50).    


Martes Febreiro 24, 2015
Start: 24/02/2015 00:00
Vídeo de homenaxe á poeta Rosalía de Castro feito o curso pasado como actividade dentro do proxecto Socheo Educativo: o poema “Xigantescos olmos, mirtos” (Follas Novas) recitado por unha escolma de rostros da comunidade escolar do noso centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut