Events
Mércores Xaneiro 07, 2015
Start: 07/01/2015 17:00
O pasado 7 de xaneiro chegaron as alumnas do IM Francesco Angeloni (Italia), Altea, Francesca e Claudia, que van pasar os próximos dous meses estudando no IES A Sangriña.
Benvenute!
Martes Xaneiro 27, 2015
Start: 27/01/2015 17:00
Benvidos ao Norte!
Dezaseis alumnos de 2º e 3º ESO inician hoxe unha viaxe de intercambio co Collège Boris Vian de Dunkerque.
Ao longo da semana, convivirán coas respectivas familias francesas e gozarán dun atractivo programa de actividades culturais e deportivas, organizadas polo centro galo. Visitarán distintas cidades da Rexión Nord-Pas-de-Calais así como as cidades belgas de Ypres e Bruxas.
Bon séjour!
Xoves Xaneiro 29, 2015
Start: 29/01/2015 15:00
Tras vinte días de convivencia na Guarda coas súas compañeiras italianas, as alumnas de 1º de bacharelato Antía Estévez, Jana Expósito e Claudia Marcelli incorporáronse hoxe, 29 de xaneiro, ao Instituto lingüístico Francesco Angeloni de Terni (Italia), onde estudarán os dous próximos meses.
![](system/files/u136/Estadia_Italia.jpg)
![Events at <em>IES A SANGRIÑA</em> Distribuir contido](/centros/iesasangrina/misc/feed.png)