Events
O pasado 27 de maio o alumnado que participa no proxecto “Un mar de coñecemento” realizou unha visita didáctica ao Parque Nacional Marítimo–Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. Foi unha xornada de traballo moi intensiva que incluía os seguintes obxectivos: recoñecemento das especies máis características do intermareal rochoso atlántico, coñecemento da flora dunar e observación das colonias de aves mariñas que aniñan no arquipélago das Illas Cíes, ademais de valorar a importancia de preservar as illas atlánticas debido a súa riqueza biolóxica.
Premer aquí para saber máis.
Nesta Ruada por Rosalía, homenaxe á autora de Cantares Gallegos polo 150 aniversario da publicación da obra, tamén participa o RESTAURANTE GAVIOTA, malia que non figura no cartel.
O Proxecto Ríos é un programa de educación e voluntariado ambiental promovido por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, impulsado e coordinado por ADEGA, que pretende involucrar á cidadanía, e en concreto o noso alumnado, na conservación dos ecosistemas fluviais, desenvolvendo os valores relacionados coa conciencia de respecto e protección do medio ambiente.
O alumnado que participou nesta actividade foi o de 2º de ESO (Ciencias da Natureza). O profesorado implicado foi o do Departamento de Bioloxía-Xeoloxía. O río escollido para a actividade é o Carballas, da conca hidrográfica do Miño-Sil, no punto concreto coñecido como Ponte de Refoxos, parroquia de Loureza, no concello de Oia (Pontevedra). A actividade levouse a cabo o pasado día 3 de xuño de 2013. Os resultados do estudo amosan una calidade da auga BOA.
Unha experiencia inesquecible!