Skip to Content

Events

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Abril 11, 2011 »
LunMarMérXovVenSábDom
11
Start: 11/04/2011 18:00
End: 11/04/2011 19:30

O día 11 de abril estreouse a obra A Raíña Catarina e as súas fillas, baseada n´O rei Lear, de Shakespeare. O alumnado do IES A Sangriña que formo o grupo de teatro do Falabarato ofreceu unha representación para 2º e 3º de ESO e outra para familias.

ELENCO

Sabela González Rodríguez, Andrea Araujo Alonso, Lucía González Alonso, Borja Araujo Alonso, Noelia Gómez González, Sheila Dacosta Ferreira, Cristina Eiras Rodríguez, Aloia Fernández Álvarez, Rubén Cividanes Baz e Ricardo Dorado Riveiro.


12
13
Start: 13/04/2011 00:00
End: 13/04/2011 21:00

 Os alumnos de 1º Bach. A visitaron o Museo de Historia Natural “Luís Iglesias” en Santiago de Compostela, revisando as coleccións zoolóxicas, xeolóxicas e botánicas. A visita compleméntase cun roteiro botánico guiado polos xardíns do Campus Sur da USC. Ás 15:00 h dirixímonos cara o Instituto Galego de Formación en Acuicultura na Illa de Arousa Coñecer onde realizamos un percorrido polas distintas instalacións onde levan a cabo os cultivos de moluscos, crustáceos e peixes e tamén polas instalacións onde imparten un ciclo formativo de mergullo profesional.  Os alumnos/as de 2º Bach. A coñeceron o Instituto de Acuicultura, centro de investigación da Universidade de Santiago de Compostela. Visitaron os laboratorios de patoloxía viral, microbioloxía, bioquímica e xenómica.Profesores acompañantes: Juan J. Hermida e Olga Mijón.


                                                                                                                    

14
15
16
17
Distribuir contido


by Dr. Radut