Os activistas ambientais do equipo CdC e Brigada verde colaboran no proxecto Mares Circulares da Asociación Chelonia desde hai 2 anos e co Concello de Boiro en pequenas accións dentro dos proxectos presentados polo profesorado do Club de Ciencia, concienciándose na Educación ambiental, a loita por combatir o cambio climático e a súa defensa dos dereitos dos animais mariños. Ainda que saben que son pequenas pero necesarias accións, tratan de concienciar ós xóvenes de que debemos cambiar as cousas XA: reducir o consumo de plástico, reutilizar o que se use, moverse en transporte público, en bicicleta ou camiñando, apagar as luces, separar basura doméstica… e a importancia de impulsar a economía circular.
Nesta xornada retiraron 120,11 Kg de residuos plásticos nun tramo central da praia Barraña en Boiro.