Os activistas ambientais do equipo CdC e Brigada verde colaboran no proxecto Mares Circulares da Asociación Chelonia desde hai 2 anos e co Concello de Boiro en pequenas accións dentro dos proxectos presentados polo profesorado do Club de Ciencia, concienciándose na Educación ambiental, a loita por combatir o cambio climático e a súa defensa dos dereitos dos animais mariños. Ainda que saben que son pequenas pero necesarias accións, tratan de concienciar ós xóvenes de que debemos cambiar as cousas XA: reducir o consumo de plástico, reutilizar o que se use, moverse en transporte público, en bicicleta ou camiñando, apagar as luces, separar basura doméstica… e a importancia de impulsar a economía circular.
Nesta xornada retiraron 120,11 Kg de residuos plásticos nun tramo central da praia Barraña en Boiro.
Os resultados que se recolleron foron dunha grande cantidade de cordas de distintos tipos e redes principalmente relacionadas coa actividade de acuicultura (unha grande parte redes de plástico negro e luz de malla pequeña). O peso das redes e cordas foi de 47,81Kg. Tamén se recolleron unha enorme cantidade de topes plásticos utilizados en miticultura (topes insertados nas cordas das bateas, perpendiculares á soga). Destes elementos recolléronse 1.773 pezas (algúns enteiros, a maioría metades e algúns outros de diversos tamaños). O peso destes elementos acadou 22,01 Kg.
O resto estivo composto principalmente por outros plásticos, entre os que se recolleu un bidón e elementos moi variados.
A fracción máis abundante en peso foi a de outros plásticos e gomas cun 73,53%, seguida da de madeira traballada cun 17,65%, outras fraccións: produtos hixiénicos, calzado, cabichas, ambientadores, encendedores, cartuchos de escopeta.. un 2,91%, vidro un 2,88%, envases lixeiros un 2,06%, botellas PET un 0,96 %. Ver gráfico.