Skip to Content

Erasmus+ Green New School (2019-21)

Videopoemas 2020

Un ano máis, contamos coa axuda da poeta Antía Otero para achegarnos aos poemas dun xeito máis lúdico, artístico e sobre todo máis comprometido. A temática escollida desta volta é a conciencia sobre o medioambiente, sincronizándonos así co proxecto Erasmus GNS sobre activismo ecolóxico e preparando pezas para a nosa gran mostra STARgal ;) 

Lamentablemente, a COVID 19 non permitiu completar o proxecto, pero así e todo queremos salientar algunhas pezas:

Peche Erasmus curso 2019/20

Desafortunadamente, a COVID19 non nos permitiu desenvolver moitas das actividades que estaban previstas, nomeadamente a saída a Italia, onde faríamos a nosa primeira posta en común e compartiríamos os produtos que temos.

Durante o confinamento, porén, seguimos traballando nalgunha das liñas de acción, como a da Bioconstrución e Ecocidades sotibles. Para ela creamos unha serie de vídeos e recursos que podes ver na web BoiHaus.

Campaña anticontaminación acústica

O departamento de tecno está a colaborar na campaña de redución do ruído no instituto, un dos obxectivos do noso Erasmus GNS.

Coordinadas por Flor, un equipo de alumnas de 2º ESO traballa cada martes na campaña deseñando un sistema de medición e propoñendo medidas de redución (VER FOTOS ABAIXO). Para a medición, adquirimos 4 sonómetros cos que se rexistran medidas a diferentes horas e en distintos espazos, nomeadamente corredores e cafetería nos cambios de clase e recreos. Os resultados expoñeranse no centro e están dispoñibles nesta folla de cálculo

IA para mellorar a nova vida

Nas aulas de TIC estivemos traballando a programación a través de App Inventor, e démoslle unha volta á Intelixencia Artificial incorporando o módulo ML4K. O alumno Manuel Ramallo deseñou unha app que permite fotografar un residuo e preguntar á aplicación en que contedor debe ir. 

Información sobre Erasmus GNS - Viaxe a Módena

Como xa se informou ás familias, a viaxe a Módena foi cancelada por mor da alerta de Corona Virus en Italia. A decisión que tomamos foi adiar a viaxe para o 22 de marzo, pero o recente peche das aulas en Italia fainos temer que a saída teña que ser finalmente cancelada.

Intentaremos que poida retomarse nalgún momento do curso, antes de xuño, pero non está nas nosas mans.

Caso de non poder organizarse, estudaremos vías de compensar o alumnado que tanto ten traballado para esta saída.

Achegámosvos a comunicación oficial que acaba de emitir o noso Ministerio:


 

COVID-19: actualización de la situación en Italia 05 de marzo de 2020.

Tedtalks

Como probas orais da materia de lingua galega, os alumnos de 4º realizaron exposicións formato Tedtalks (charlas informativas) tratando o tema do cambio climático.

As escollidas para representar o noso instituto en Italia son as seguintes.

Distribuir contido


by Dr. Radut