Skip to Content

Campaña anticontaminación acústica

O departamento de tecno está a colaborar na campaña de redución do ruído no instituto, un dos obxectivos do noso Erasmus GNS.

Coordinadas por Flor, un equipo de alumnas de 2º ESO traballa cada martes na campaña deseñando un sistema de medición e propoñendo medidas de redución (VER FOTOS ABAIXO). Para a medición, adquirimos 4 sonómetros cos que se rexistran medidas a diferentes horas e en distintos espazos, nomeadamente corredores e cafetería nos cambios de clase e recreos. Os resultados expoñeranse no centro e están dispoñibles nesta folla de cálculo

Aproveitando as festas do Nadal, o grupo eco-school de alumnas de 2º ESO recolectaron corchos de cava para colocar nas patas de mesas e cadeiras dunha aula-piloto. Se o experimento funciona, extenderémolo ó resto das aulas. 

 
 
 


blog | by Dr. Radut