Comprácenos comunicarvos que o próximo luns 19 de setembro a 1º hora comezamos coa Hora de Ler, unha das iniciativas que recollemos no PLAMBE.
A Hora de Ler consiste nunha hora de lectura totalmente libre (o alumnado lerá o libro e xénero que queira), sen pedirlle ningún tipo de actividade sobre a mesma. Para o alumnado que esqueza traer o seu libro da casa, o profesorado pode procionarlle lecturas (libros, artigos, revistas...) ou mandarlle escribir un relato seguindo unhas indicacións que daremos cada semana.
Cada semana a Hora de Ler cadrará nunha hora de clase diferente, empezamos o vindeiro luns a primeira hora, para a semana seguinte será o luns a segunda hora, para o próximo o luns a terceira e así sucesivamente ata final de curso:
![](/centros/iesacachada/system/files/u1114/horadeler.png)
Se tes algunha dúbida, consulta a Guía da Hora de Ler.
Non esquezades traer os vosos libros, e se queredes probar novas lecturas, pasádevos pola biblioteca.![Guiño Guiño](http://www.edu.xunta.gal/centros/iesacachada/sites/all/libraries/tinymce/jscripts/tiny_mce/plugins/emotions/img/smiley-wink.gif)