Skip to Content

Última hora!

1º obradoiro de audiovisual para as redes - STARgal

Nesta última tarde do trimestre desenvolveuse en streaming o obradoiro de vídeo con Kinemaster enfocado para as redes sociais. Fíxoo Sara Hermo, exalumna e representante da asociación Olloboi, en colaboración co contrato programa STARgal. Deixámosvos aquí o material co que traballou ela, propiedade da asociación Olloboi. 

O alumnado foi facendo unhas pezas publicitarias na aula. Cando as teña rematadas publicaremos aquí as seleccionadas para cada nivel, que levarán un aro de luz para móbil. COMO PROPOSTA PARA VACACIÓNS, completamente voluntaria, lanzamos o concurso POSTAL COVIDEÑA: un vídeo en horizontal de ata 1 minuto de duración no que conten á familia que este ano non os visitou, como foi o nadal en cas cadiún :) 

 

Brinquedos e contos para o Centro de Día

Cada ano por estas datas, pero nesta ocasión con máis motivo, faise evidente a necesidade de pasar tempo de calidade en familia. De todos cantos regalos nos poidamos facer uns a outros, ningún significa tanto como o tempo compartido escoitándonos, mirándonos ós ollos, conversando, empatizando.

Traballando estes valores, o noso instituto leva uns anos colaborando co Centro de Maiores de Boiro. Xusto antes das vacacións, unha delegación de rapaces a rapazas van ó centro e botan un ratiño barullando, xogando e ata cantando coa nosa xente maior. Sempre lles fixemos algún agasallo, pero sempre trouxemos máis do que levamos: agarimo, sabiduría, raíz.

Neste curso non foi posible realizar a visita, pero negámonos a non adicarlles ese tempo. Para isto, os equipos STARgal e Biblioteca coordinaron un grupo de rapaces que prepararon un conto e montaron uns xoguetes de madeira (brinquedos), e fixemos dúas peciñas audiovisuais que lles imos mandar para que nos escoiten cerca, mesmo na distancia.

 

 

1º obradoiro de audiovisual para as redes por Sara Hermo

Na última tarde de clases deste trimestre tivo lugar en streaming o obradoiro de vídeo con Kinemaster, enfocado para as redes sociais. Fíxoo Sara Hermo, exalumna e representante da asociación Olloboi. O obradoiro foi interactivo e nel o alumnado foi preparando un anuncio publicitario sobre o seu grupo logo de pensar un lema, debuxar un storyboard, xogar cos axustes do móbil, gravar, e montar. 

Á volta de nadal, o xurado STARgal escollerá un gañador por nivel que recibirá por premio un aro de luz.

COMO PROPOSTA PARA VACACIÓNS, completamente voluntaria, lanzamos o concurso POSTAL COVIDEÑA: un vídeo en horizontal de ata 1 minuto de duración no que conten á familia que este ano non os visitou, como foi o nadal en cas cadiún :) Sara xa o explicará no streaming. Pero como as conexións as carga o diaño... imos informando.

Aquí vos deixamos o material didáctico que empregamos na charla e que pertence á asociación Olloboi:

 

Nadal 2020: brinquedos e contos para o Centro de Día

Cada ano por estas datas, pero nesta ocasión con máis motivo, faise evidente a necesidade de pasar tempo de calidade en familia. De todos cantos regalos nos poidamos facer uns a outros, ningún significa tanto como o tempo compartido escoitándonos, mirándonos ós ollos, conversando, empatizando.
Traballando estes valores, o noso instituto leva uns anos colaborando co Centro de Maiores de Boiro. Xusto antes das vacacións, unha delegación de rapaces a rapazas soían ir ó centro e botan un ratiño barullando, xogando e ata cantando coa nosa xente maior. Sempre lles fixemos algún agasallo, pero sempre trouxemos máis do que levamos: agarimo, sabiduría, raíz.
Neste curso non foi posible realizar a visita, pero negámonos a non adicarlles ese tempo. Para isto, os equipos STARgal e Biblioteca coordinaron un grupo de rapaces que prepararon un conto e montaron uns xoguetes de madeira (brinquedos), e fixemos dúas peciñas audiovisuais que lles imos mandar para que nos escoiten cerca, mesmo na distancia.

 

Charla sobre os morcegos, 18 novembro 2020

As nosas casas son os nosos fogares, pero tamén o doutros animais que conviven co ser humano. Un veciño moi interesante é o morcego, unha orde de mamíferos placentarios  que ten unhas 1100 especies, ou sexa, o 20% do total de mamíferos.

Distribuir contido


by Dr. Radut