Skip to Content

Nadal 2020: brinquedos e contos para o Centro de Día

Cada ano por estas datas, pero nesta ocasión con máis motivo, faise evidente a necesidade de pasar tempo de calidade en familia. De todos cantos regalos nos poidamos facer uns a outros, ningún significa tanto como o tempo compartido escoitándonos, mirándonos ós ollos, conversando, empatizando.
Traballando estes valores, o noso instituto leva uns anos colaborando co Centro de Maiores de Boiro. Xusto antes das vacacións, unha delegación de rapaces a rapazas soían ir ó centro e botan un ratiño barullando, xogando e ata cantando coa nosa xente maior. Sempre lles fixemos algún agasallo, pero sempre trouxemos máis do que levamos: agarimo, sabiduría, raíz.
Neste curso non foi posible realizar a visita, pero negámonos a non adicarlles ese tempo. Para isto, os equipos STARgal e Biblioteca coordinaron un grupo de rapaces que prepararon un conto e montaron uns xoguetes de madeira (brinquedos), e fixemos dúas peciñas audiovisuais que lles imos mandar para que nos escoiten cerca, mesmo na distancia.

 



blog | by Dr. Radut