Skip to Content

Última hora!

Encontro do alumnado de 2º coa escritora Eva Mejuto

O martes, 27 de febreiro veunos  visitar Eva Mejuto, a autora do libro 22 segundos. O encontro foi no salón de actos da Cachada. A autora contounos como foi o proceso de creación desta novela, dende que comezou o libro ata que o rematou. Neste libro trátase o tema da transexualidade e falounos das vivencias de moitos rapaces e rapazas trans que están a experimentar este proceso.

Regueifas e batallas de galos con Manolo Maseda

O día 5 de febreiro, Manolo Maseda, profesor e músico experto no mundo das regueifas, veunos ensinar algo máis sobre esta arte tradicional, a cal está estreitamente relacionada co que actualmente son as batallas de galos.

Extra, extra, última hora!

Aí vos van as novas máis frescas da Cachada!

 

xanela 2012

A nosa revista agora é dixital, e actualízase constantemente.

Este é o último número impreso, a edición 2012. Podes acceder tamén ós números anteriores

Distribuir contido


by Dr. Radut