Skip to Content

Última hora!

Pergamiño Vindell e Museo do Mar, 4º ESO (23/2/18)

Os alumnos de 4º foron o martes 23 a Vigo a ver o Pergamiño Vindel co departamento de música, e o Museo do Mar e o acuario con os alumnos da optativa de Cultura Científica.

Puideron ver o famoso Pergamiño Vindel, que normalmente gárdase en Nova York, pero trouxérono uns días a Galicia. Pasárono moi ben interectuando cas ferramentas coas que se escribían pergamiños, papiros…

No acuario viron as especies que podemos encontrar na ría de Vigo, incluíndo dende maragotas ata quenllas.

Gañamos o 1º premio do Certame de curtas Alberte Romero!

A curta “Máis che vale non ser ti”, de Carlos, Alicia, Álex, Elisa, Carla e Sergio, gañou o 1º premio do certame de curtas celebrado na Pobra.

As Lollipops, saída musical de 4º ESO (23/1/18)

O pasado martes 23 o alumnado de 4º foron a Santiago a escoitar un concerto en directo das Lollipops co departamento de música.

O grupo está formado por 3 mulleres e un pianista. Éstas cantan un pouco de todos os estilos, pero especialmente dos anos 50. Ademais fixeron varios xogos co público para facelo máis interactivo. Ensináronnos o estilo musical daquela época e descubrimos varias cancións que descoñecíamos.

Máis que palabras 2018

Un ano máis, sae a convocatoria do concurso literario “Máis ca palabras” que promove o departamento de Lingua Galega e Literatura. Desta vez, as modalidades nas que poderedes participar son catro: videopoemasbooktrailersregueifas e batallas. Como novidade, este ano vanse realizar diversos obradoiros previos que vos axudarán coas vosas creacións. Así, no mes de febreiro realizaranse os de videopoesía, regueifas e batallas.

Minas de San Fins e Bosque de Lousame

Hoxe luns o alumnado de 2º fixo unha visita ó Museo das Minas de San Fins e ó Bosque de Lousame. A actividade estivo organizada polos departamentos de Galego, Tecnoloxía e Física e Química, e enmárcase dentro do proxecto A Roda do Ano no que todo o centro participa baixo o lema de “adicar tempo ó noso entorno e á nosa xente”.

No Museo de San Fins coñecimos a historia da explotación mineira de bronce, estaño, volframio; as excavacións remóntanse á Idade de Bronce e perpetúanse ata hoxe en día, non exentas de polémica relativa ás consecuencias medioambientais da actividade industrial.

O Bosque de Lousame foi recoñecido este ano polo Programa das Nacións Unidas de Medio Ambiente como Área Conservada por Comunidades Locais por contribuír á recuperación ambiental dunha zona de monte ata fai pouco dominada por acacias e eucaliptos (unha das 7 únicas áreas de Europa). A través do programa Montescola o alumnado, guiado polo enxeñeiro de montes e a educadora ambiental da Aula da Natureza, tivo ocasión de identificar as especies autóctonas e exóticas presentes no monte de Froxán e mesmo de prantar cadanseu castiñeiro.

Este nadal, regala tempo

Durante os meses de novembro e decembro, o noso alumnado estivo traballando nun regalo para un macro Amig@ Invisible.

Aproveitando o temario de materiais, a xente de 2º fixo un xoguete de madeira e metal con elementos reciclados, e a de 3º un regalo téxtil. Así contribuímos a loitar contra o consumismo navideño e os consecuentes estereotipos de xénero (mirade o lapiceiro ganchillado de Jaime ou a carteira de Alan).

O alumnado de 1º fixo un pequeno agasallo nas Titorías, e o de 4º un marcapáxinas en Relixión e Alternativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut