Skip to Content

Minas de San Fins e Bosque de Lousame

Hoxe luns o alumnado de 2º fixo unha visita ó Museo das Minas de San Fins e ó Bosque de Lousame. A actividade estivo organizada polos departamentos de Galego, Tecnoloxía e Física e Química, e enmárcase dentro do proxecto A Roda do Ano no que todo o centro participa baixo o lema de “adicar tempo ó noso entorno e á nosa xente”.

No Museo de San Fins coñecimos a historia da explotación mineira de bronce, estaño, volframio; as excavacións remóntanse á Idade de Bronce e perpetúanse ata hoxe en día, non exentas de polémica relativa ás consecuencias medioambientais da actividade industrial.

O Bosque de Lousame foi recoñecido este ano polo Programa das Nacións Unidas de Medio Ambiente como Área Conservada por Comunidades Locais por contribuír á recuperación ambiental dunha zona de monte ata fai pouco dominada por acacias e eucaliptos (unha das 7 únicas áreas de Europa). A través do programa Montescola o alumnado, guiado polo enxeñeiro de montes e a educadora ambiental da Aula da Natureza, tivo ocasión de identificar as especies autóctonas e exóticas presentes no monte de Froxán e mesmo de prantar cadanseu castiñeiro.

Para complementar a actividade, o alumnado cubriu, para Tecnoloxía, esta ficha con información útil. A noticia cubriuna El Correo Gallego.

Galería de fotos en Flickr:

 
San Fins e Lousame



blog | by Dr. Radut