Skip to Content

Última hora!

Novembro 22: "O virus do Mundial"

Coa ansia que espertou o Mundial '22, moitas persoas entraron en links descoñecidos para ver os partidos. E pasou o que sempre adevertimos na materia de TIC: roubos de identidade, virus... Esta é a infografía que fixo Paula Oubiña, de 4º.

 

Novembro 22: Cancioneiro galego

Unai Romero Barreiro fixo para a materia de Galego un traballo de cancións galegas:

 

https://youtu.be/EFHsKPsuMY4

Novembro 22: Infografía do Mundial

Infografía de seguridade en internet

Ola a todos, chámome Roge e vouvos falar dun traballo que fixen este ano en Tics. O traballo que fixen foi unha infografía onde falaba dos problemas de seguridade que hai en internet.

Agora vouvos mostrar a miña infografía.              

 

                                                                                                                                        

Nesta imaxe podemos ver o traballo que fixen falando dos tipos de perigos na rede, o mellor antivirus e algúns consellos básicos.                                                              

E despois déixovos un vídeo onde podedes ver algúns conceptos básicos sobre a seguridade social ou tamén podedes premer na palabra seguridade social. 

O Club de prensa ARRANCA!!

Arrancamos! Baixo a comandancia de Candela Tubío. O resto do alumnado dos martes está nun obradoiro de primeiros auxilios no Club de Ciencia.

Recollida e transformación de residuos plásticos nas nosas praias

O alumnado voluntario do Club de Ciencia comenzamos este curso 22/23 sumando conciencias: recollendo residuos plásticos en praia Barraña e fomentando un cambio de hábitos sabendo que un obxecto de plástico que usamos uns minutos, tardan anos en degradarse. Para iso, colaboramos coa asociación limpOcean e os plásticos que acabábamos de recoller, transformámolos grazas a unha extrusora de plástico comprada polo Concello en macetas (que usaremos para o noso horto autóctono) e trompos.

Xuño 22: Reparacións e melloras na Casiña dos Maios

Nos últimos días deste curso procedimos a restaurar desperfectos na Casiña, aplicando novas capas de adobe e cal. Ademais, organizado pola profe de Plástica María Magán, fíxose un deseño de pintura para os exteriores que foi levado a cabo polo alumnado de 3º.

Nas semanas anteriores traballamos na contorna plantando aloe veras, unha planta con noitas propiedades medicinais.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut