Neste curso 22-23 continuamos co estudo do curso pasado de contabilizar os microplásticos (0,0001 mm-5 mm) na area das nosas praias.
No curso pasado na análise do estudo de microplásticos na area de praia Barraña, chegáramos á conclusión de que debido á recente area renovada, non atopamos microplásticos como así o rexistramos neste blog do CdC do curso pasado.
Este curso analizamos a area de praia Xardín e praia do Saltiño. Contamos co equipo CdC 2º para a recollida de mostras de area e co equipo CdC 3º- 4º para analizar ditas mostras no laboratorio contabilizando nas lupas o número e tipo de microplásticos e chegar a unha conclusión cos resultados obtidos.
Recordamos a clasificación dos microplásticos en canto á forma: poligonais, filamentos e microfilamentos.
Resultados praia Xardín: