Skip to Content

Deseño e construción de proxectos sostibles

Este 2º trimestre o alumnado de CdC organizou e comprometeu ó resto do centro en traballos de Sostibilidade Entre eles un adicado ó gran polímota florentino Leonardo da Vinci e así adentrarnos na súa labor de obras de enxeñería. O 15 de abril (día da Arte) , co motivo do nacemento deste xenio do Renacemento, adicaremos a Semana de Leonardo do 17-21 de abril a expoñer traballos de varios departamentos: Plástica, Xeografía e Historia e Tecnoloxía.

O alumnado de 2° de Tecno deseñou e construíu 11 modelos de minicúpulas, estruturas tridimensinais con bastóns de madeira 114x10 mm (a unidade repetitiva ten 4 marcas) que se sosteñen mutuamente sen necesidade de clavos ou parafusos. Segue a ficha de traballo 1 e ti mesmo podes xogar e facer o teu propio modelo de cúpula na casa. Tamén contruirán un modelo xigante de cúpula no hall do centro, encargamos 100 pezas de madeira laminada 500x 50 mm e que faremos participar a todo o alumnado do centro.

Así mesmo seguindo a seguinte ficha de traballo 2, o alumnado de 4º de aplicadas deseñou e construíu unha ponte autoportante de troncos de pino tratados para exterior de 110 e 90  cm doados por FINSA, tamén con marcas (3 nos troncos de 110 cm) que encaixarán perfectamente e que que nos permitirá seguir impulsando a nosa idea de proxectos sostibles.

Déixovos algún dos traballos.

Modelo 4

Modelo 9

Modelo 11

Modelo 1

Modelo 8

Modelo 10

Modelo 5

 

 



blog | by Dr. Radut