O luns 24 de abril 2 alumn@s do equipo CdC 4º Iago e Cristian apuntáronse a unha visita ó IGAFA para a actividade de “Cultivo de microalgas”, na Illa de Arousa para recoller as cepas, tomar anotacións e expoñer o método de cultivo ós seus compañeiros do equipo. Os seus guías nas prácticas foi o alumnado do ciclo medio (1º ano), do módulo de “Cultivos auxiliares”. O obxectivo é o manexo no cultivo de microalgas no noso laboratorio e a súa aplicación experimental para mellorar e fortalecer o chan do noso horto escolar, incrementando o rendemento e a calidade das colleitas.
O alumnado pretende dar solucións e presentar esta alternativa sostible e libre de residuos químicos non só no chan donde se aplican senón tamén nos alimentos que se xeran a partir do seu uso.
De aí que fabricamos o noso propio biofertilizante a base de microalgas que nos axudan a eliminar o CO2 e para que as plantas do noso horto ecolóxico (levado adiante polo equipo de Brigada verde de 1º ESO) crezan fortes e sanas de forma natural aportándolle alta cantidade de macro e micronutrientes.
Procedemento de cultivo:
Partimos de auga salada filtrada en garrafa de 5L ó que engadimos:
-1,25 ml de lixivia, axitar e esperar 2h
-1,25 ml de Tiosulfato ( para eliminar cloro), axitar
-2 gotas de Orto-tolidina a unha pequena mostra de auga nun tubo de ensaio. Si auga amarela engadir outra vez tiosulfato. Si auga branca continuamos.
Co mechero de alcol para crear ambiente estéril engadimos:
-5 ml nutrientes Walne
-0,5 ml de solución de vitaminas
-5 ml de solución de silicatos/litro H2O (únicamente en caso de que a especie que vaiamos a inocular sexa unha diatomea)
-Engadir 20 ml de inóculo
Poñemos varilla de aireación na garrafa e tapar ben con papel de aluminio
Poñer nome da especie na garrafa e data do inóculo
Colocar bomba de aire e proporcionar iluminación (6500ºK luz branca) constante ó cultivo.
Traballamos con varias especies de microalgas:
-De auga salada: Chaetoceros que mirada ó mocroscopio observamos que é unha diatomea cadrada e non se move. Tetraselmis suecica é de cor verde, Isochrysis galbana é marrón redondiña e móvese xa que é flaxelada.
-De auga doce traballaremos coa espirulina.
O alumnado de 4° explicoulle a dinámica de traballo no cultivo das microalgas ó equipo de Brigada verde.