Skip to Content

Última hora!

Día da paz 2022

Quixemos conmemorar o día da Paz cun partido de fútbol ó estilo do que Gran Bretaña e Alemania xogaran no 1914. Dadas as limitacións COVID, non fomos autorizados. No seu lugar, deseñamos esta exposición de murais sobre países que están en conflito bélico actualmente.

 

 

 

 

20 decembro 22: Charla de abastecemento de auga. 3º ESO

Para rematar este trimestre, hoxe 20 de decembro, desde o CdC participamos nunha charla de abastecemento de augas de Boiro impartida pola técnica de mediambiente, Carmen Saavedra Pego. Acudiron tamén o Alcalde e Teniente Alcalde, pois o alumnado quería expoñerlle dúbidas e proposta sobre o funcionamento da nosa vila a nivel de sustentabilidade.

 

Exxperimenta en feminino

 

Sabes o que é a fenda de xénero STEM? Significa que segue habendo moi poucas mulleres traballando nas carreiras de Ciencias e Tecnoloxía. Desde o Campus de Vigo cóntannos que en disciplinas como a de Informática as alumnas apenas chegan ó 15% do total, a pesares de ser unha das carreiras con maior empleabilidade. Un dos motivos que se atopa detrás desta brecha de xénero é a falta de referentes femininos nas disciplinas STEM, tanto a nivel educativo como social.

Por isto, desde este campus están a desenvolver diferentes campañas co obxectivo de promover a visibilización das mulleres nas disciplinas científicas e tecnolóxicas e servir de polo de atracción de nenas e mozas cara á ciencia e as enxeñarías.

Unha delas é a da exposición itinerante Exxperimenta, que aterrou no noso instituto na última quincena de maio. En vindeiros cursos tentaremos participar nos seus talleres científicos e tecnolóxicos guiados por mulleres do Campus.

Estreamos logo no CdC

Grazas ó concurso que organizou a profe Mónica Rivas desde o dpto Plástica, houbo moita participación para atopar logo do Club de Ciencia e Tecnoloxía. A gañadora é Belén Mariño, de 4º, con este deseño tan chulo!

Día da paz 2020

Co gallo do día da Paz, e dentro das limitacións que nos impón a pandemia, o alumnado de 2º ESO guiado por Ángeles Fernández estivo elaborando un macromural en representación do que nos separa da paz. Participaron un total de 30 rapaces e rapazas que, xuntos no ximnasio, deron lectura a un manifesto pola paz e logo procederon á performance de rachar o "muro" que nos separa da paz, amosando outro cartaz da conmemoración do día. Por último, fixeron un compromiso de pequenas actitudes para intentar vivir nun mundo mellor. 

Distribuir contido


by Dr. Radut