Skip to Content

Última hora!

Equipo CdC 3º- 4º ESO. Medición da calidade da auga

 Para conmemorar o día Mundial da auga (22 marzo), o Equipo CdC 3º- 4º ESO fixeron de monitores para o alumnado de 2º nunha práctica de análise da calidade da auga de mar (praia Barraña), río e estuario (río Coroño) no noso laboratorio de Física e Química.

20 decembro 22: Obradoiro de cine para o CdA

O alumnado do Club do Antifás gravou parte dunha curta que se intentará enviar ó festival do Carballo Interplay.

Para axudarnos, viñeron os nosos exalumnos Sara Hermo (licenciada en cine pola ESCAC) e Xurxo Nine (licenciado en Comunicación Audiovisual, rama de efectos especiais). Foi unha experiencia moi enriquecedora, aprendemos moito e pasámolo ben. Esperade a ver o resultado final!

 

20 outubro 2022: Premio EducaCompostela ó proxecto BoiHaus

Ana Moreiras e Mariano Muñiz recolleron o 1º premio Educacompostela creado polo Concello de Santiago e Nova Escola Galega. O xurado valorou que o noso proxecto de arquitectura sostible Boihaus era merecedor do galardón polo seu "compromiso cívico e colóxico, a metodoloxía interdisciplinar (replicable noutros centros) e a integración na praxis educativa das ferramentas TIC".

A comunidade educativa enteira estamos moi contentos e agradecidos.

19/20 decembro 2022: Charla "Corpos, sexualidades e identidades disidentes".

Nos días 19 e 20 de decembro achegouse ó noso centro Cinthia, unha especialista en sexoloxía que nos falou de identidades, corpos e capacidades disidentes.

En charlas dunha hora impartidas ós grupos de 4º da ESO, foi explicando diferentes conceptos e términos relacionados con este tema. 

Informan: Diego Vázquez e Raúl Romero.

 

 

20 decembro 2022: Preséntannos a longametraxe "Sica"

Informa Tathiana Silva, de 4º: 
Hoxe asistimos a unha charla impartida por Raquel Enríquez (da produtora Miramemira) e María Yañez (xornalista e creadora de contidos audiovisuais). Faláronnos sobre o cine feito en galego, e presetáronnos a longometraxe Sica, que se estrenará proximamente.
Sica é unha pelicula grabada na Costa Da Morte da man de productores/directores galegos e cataláns que deciden enfatizar a natureza e a realidade dos pobos costeiros dende o punto de vista da adolescente Sica, a protagonista.
 
 

15 nov 22: Día da Ciencia no Pazo de Goiáns

Ola, son Emma Vilarnovo e aquí vos deixo o vídeo do Día da Ciencia que festexamos no Pazo de Goiáns os alumnos do IESP A Cachada xunto cos do IES Espiñeira e IES Praia Xardín.

Unha xornada marabillosa!!

Distribuir contido


by Dr. Radut