IESP A CACHADA POLA PAZ
O alumnado de 1.º de ESO corre e recauda fondos pola paz
O pasado 30 de xaneiro todo o alumnado de 1.º de ESO do IES A Cachada foi ó paseo marítimo de Boiro para facer unha carreira pola paz coa finalidade de recaudar fondos para unha ONG.
O acto solidario realizouse o pasado luns 30 de xaneiro no paseo marítimo de Boiro. A carreira, que non era unha competición, fíxose para recadar fondos para á ONG “Save de Children”. Nela participaron arredor de 100 nenos e nenas. En total doáronse uns 300 euros, posto que cada un achegou 3 euros á causa.
O circuíto consistía nun pequeno percorrido duns 500 metros, todos correrían ou andarían por el durante 30 minutos aproximadamente. A rapazada estivo controlada en todo momento polo profesorado do centro e alumnado voluntario de 4.º de ESO, quen lles indicaron ós participantes o percorrido para que ninguén se perdera.
Esta iniciativa solidaria foi idea dos departamentos de Educación Física e Relixión do centro.
María José Silva Vázquez (1.ºC)