Xa está dispoñible a oferta de FP Dual na provincia de Ourense para o vindeiro curso 2022-2023. No seguinte documento pdf, poderaste informar dos ciclos que se impartirán, tanto medios como superiores, así como as localidades e centros onde se desenvolverán. O documento tamén incorpora o correo de contacto das persoas responsables dos centros onde se imparten e que poderán informarte directamente da oferta do seu centro.
Fai clic na seguinte imaxe para consultar o arquivo
A continuación podedes consultar e descargar en pdf os distintos calendarios de exames da convocatoria extraordinaria de xuño que se realizarán durantes os días 20, 21 e 22 de xuño. As notas publicaránse o xoves 23 e as reclamacións serán os días 27 e 28 de xuño (luns e martes) no horario habitual de cada quenda.
O alumnado de Bacharelato realizou un último traballo para a materia de Historia do Mundo Contemporáneo. Se ao longo do curso os alumnos e alumnas estiveron traballando os contidos da materia tomando como excusa os medios de comunicación (pois elaboraron xornais, posters, vídeos...) culminárono presentando un telexornal e un programa de radio no que tiveron que tratar os acontecementos máis destacados do Perídodo de Entreguerras (Crac do 29 e auxe dos Fascismos) e a Segunda Guerra Mundial.
O Telerxonal denominado "El Bucle" contaba cos presentadores e reporteiros que nos foron dando noticia, a través de entrevistas, de reportaxes, de imaxes visuais e sonoras...dos acontecementos máis destacados do período histórico mencionado Non se esqueceron de temas interesantes como a arte da época, o rol das mulleres, etc..Un traballo que mereceu o aplauso dos espectadores para os seus autores: Jennifer, Cristian, Miriam, Manuel e Samuel.
O programa de radio denominado "Radio Patio" amosou a soltura e frescura deste medio. Conduciron o programa de xeito ameno e foron expoñendo os aspectos relevantes da temática. Soou a música da época, falaron da moda do momento e de como importantes deseñadores realizaron os traxes para os soldados, tamén houbo entrevistas, concursos... Nel participaron Edgar, Brenda, Sheila, Vitor, Julia e Filipa.
A aprendizaxe dos contidos e o desenvolvemento das competencias está asegurado pois, deixando de lado as clases meramente expositivas, o alumnado viviu unha grande experiencia que, din eles mesmos, non se lles esquecerá.
Fai clic na seguinte imaxe para acceder ao pdf con toda a información para a matrícula ordinaria da ESA, ESAD e Bacharelato para o vindeiro curso. Non te despistes, o prazo empeza o 27 de Xuño e esténdese ata o 8 de Xullo.
Moitos parabens ao alumnado de primeiro de Bacharelato da materia de Filosofía práctica que veñen de seren galardoados co primeiro premio do certame "Falando de Solidariedade" na súa modalidade de Video. Ademais, e facendo gala da súa xenerosidade e compromiso, doaron os premios recibidos ao centro e á súa biblioteca. Moitas grazas!!!
Tamén resultaron recoñecidos a título individual co primeiro premio os relatos: "Unhas pulseiras para Gloria" de Antonia Alejos na categoría de Adultos e "Salif, 26 anos, Burkina Faso" de Sheila Salgueiro. Do mesmo xeito tamén resultou finalista o ensaio "Loitando por morrer" de Iván Rial. Noraboa a tódolos premiados!!!
Ao longo do martes 24 de maio celebráronse mesas redondas nas distintas quendas (mañá, tarde e noite) organizadas polo profesorado do departamento de Español para estranxeiros nas que os nosos alumnos prodedentes de afganistán responderon ás preguntas que lles formularon o resto do alumnado da escola.
Grazas a Wahida Shankar e Sayed Hamza poidemos coñecer de primeira mán a triste realidade da sociedade afgá trala toma do poder dos talibáns e a represión sufrida especialmente polas mulleres. Unha auténtica lección de vida a que recibimos todos onte na nosa escola.
A actividade complementouse co visionado previo do documental “Escape de Kabul (Parte 2) / Buscando a Dios (Jorge Said)” que podedes atopar no seguinte enlace de youtube: Escape de Kabul
Xa está dispoñible o calendario de exames finais da convocatoria ordinaria de primeiro de Bacharelato. As probas realizaranse os días 30 e 31 de maio e 1 e 2 de xuño.
Fai clic sobre a imaxe para consultar a información en pdf.