Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

blogue deadmin

Recomendación de libros de filosofía

Booktrailer do libro "El botiquín filosófico" por Edgar Gómez de 1º Bacharelato

 

  

25-N Día eliminación violencia contra a muller

O noso alumnado elaborou diferentes murais para conmemorar o día internacional da eliminación da violencia contra a muller. Aquí tedes o resultado:

1º ESA QUENDA MAÑÁ

 

3º ESA GRUPO A QUENDA MAÑÁ

 

4º ESA GRUPO A QUENDA MAÑÁ

 

4º ESA GRUPO B QUENDA MAÑÁ

 

3º ESA QUENDA TARDE

 

ENSINANZAS BÁSICAS INICAIS I e II

 

CURSIÑOS INGLÉS ADULTOS

 

 

 

25-N Día contra a violencia de xénero

Visita a nosa biblioteca. Na semana do 25-N atoparás nos libros razóns que fomenten o bo trato

 

Viva o noso magosto

 

 

 

Plan Proxecta 2021/22. Donas de Sí

 

Tódalas actividades que vamos realizando ao longo do curso poderás atopalas no noso blog DONAS DE SI

Propoñemos unha labor interdisciplinar no que se impliquen outros proxectos do centro de tal xeito que o tema da muller sexa a clave noutras accións culturais e dinamizadoras. Haberá un traballo central Búscase que vai ser complementado con InCLUBsión e Traballo de Donas.

BÚSCASE: O obxectivo xeral deste proxecto é a integración efectiva e colaborativa do traballo das mulleres en diferentes ámbitos do curriculum para que a celebración ou a visibilización das súas contribucións se concrete na creación de material didáctico que inclúa o traballo desas mulleres en aspectos concretos do curriculum dos centros. Pretendemos realizar coa colaboración do alumnado pequenas pílulas de coñecemento que se inserten coherentemente nos distintos curriculums e pasen así a formar parte efectiva das programacións dos docentes en anos posteriores. Cada unha destas aportacións virá precedida por unha campaña de carteis Búscase que reivindican de xeito gráfico a importancia do traballo dunha muller nun eido determinado. Por exemplo o caso de Simone Weil no curriculo de Historia da Filosofía.

DONAS E INCLUSIÓN: Abordaremos a historia da exclusión e a discriminación da muller utilizando exemplos de traballadoras polos dereitos non só do colectivo feminino senón de todo o que signifique diversidade: ámbito das distintas diversidades funcionais, neuroatipias, raza, orientacións sexuais, exclusión no traballo. Este traballo estará vencellado co traballo do clube de lectura organizado pola coordinación de Biblioteca do centro: Club de Lectura,  InCLUBsión lectora.

TRABALLO DE DONAS: Proxecto dirixido a reivindicar o traballo oculto das mulleres ao longo da historia, a cultura feminina que tamén forma parte da nosa idiosincrasia e que o cambio social está a disolver: traballos agrícolas, do fogar, folclore vencellado a este traballo, recuperación de cantigas, relatos...a partir da experiencia e as vivencias do alumnado non só de contextos galegos senón internacional, como é o noso alumnado. A incorporación da muller ao traballo tradicionalmente masculino as veces pode facernos esquecer a parte fundamental que o traballo das mulleres, (maioritariamente sumerxido e de supervivencia xunto cos traballos do fogar, non remunerados) tivo no desenvolvemento económico da sociedade actual.

 

Concurso de microrrelatos de terror Samaín 2021

 

 

 

Escolma dos relatos presentados polo alumnado da Epapu de Ourense co gallo da celebración do noso Samaín:

Moitas grazas aos docentes e alumnos que participaron nesta tarefa

Plan Proxecta 2021/22. Correspondentes xuvenís

Síguenos nas redes sociais:

      


    

Solicitamos participar por vez primeira no programa Correspondentes xuvenís, cuxos obxectivos son:

-Desenvolvemento da iniciativa e do espíritu emprendedor, moi importante no noso alumnado de idades moi variadas e cunha orientación maioritaria cara ao mundo laboral.

-Fomento da participación do alumnado e do voluntariado.

-Habilidades comunicativas: atopar, seleccionar e crear información.

-Desenvolvemento do pensamento crítico, ser quen de seleccionar para os seus compañeiros e compañeiras a información máis relevante.

-Habilidade para traballar en equipo e para a resolución de conflictos e a mediación.

-Dinamización de centro escolar, crear unha rede de comunicación efectiva co alumnado presente, pasado que ao tempo serva como presentación para futuro alumnado.

-Mellora do clima do centro, a través da interconexión de rapaces pertencentes a diferentes niveis educativos e diferentes modalidades de ensinanza: distancia, semipresencial, adultos, alfabetización e do profesorado.

Para máis información e beneficios do programa, descarga este pdf: Correspondentes xuvenís

 

Obradoiro sobre escritura medieval

O Xoves 28 de Outubro, o alumnado de terceiro de ESA da quenda de mañá participou nun obradoiro de escritura medieval organizado pola súa profesora de Lingua Castelá e que se levou a cabo nas novas instalacións da biblioteca no segundo andar da nosa escola.

                                  

 

Alumnas e alumnos desfrutaron moito das actividades prácticas do taller que se prolongaron durante caseque dúas horas.

 

                                  

 

Saída didáctica do alumnado de 4º ESA

O pasado 27 de Outubro, o alumnado de 4º da ESA da quenda de mañá visitou varios lugares de interese da cidade acompañados das profesoras dos departamentos de Ciencias Sociais, Lingua Castelá e Lingua Galega; ademáis, contaron coas explicacións de Marcos Pardos, guía da parte histórica.

                                                                                           

 

O obxectivo era conmemorar o día das bibliotecas e, para elo, fíxose un percorrido guiado polos monumentos da cidade obra do arquitecto modernista Daniel Vázquez-Gulías, que deixou unha fonda pegada en Ourense. Tamén se visitou a biblioteca pública "Nós" así como o claustro e o cemiterio de San Francisco no que están soterradas figuras ilustres das nosas letras com Otero Pedrayo ou Blanco Amor.

 

                                          

 

Día das Letras Galegas 2021. Entrevistas imposibles Radio EPAPU con Xela Arias

Entrevista a Xela Arias, por Begoña Acevedo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut