Síguenos nas redes sociais:
Solicitamos participar por vez primeira no programa Correspondentes xuvenís, cuxos obxectivos son:
-Desenvolvemento da iniciativa e do espíritu emprendedor, moi importante no noso alumnado de idades moi variadas e cunha orientación maioritaria cara ao mundo laboral.
-Fomento da participación do alumnado e do voluntariado.
-Habilidades comunicativas: atopar, seleccionar e crear información.
-Desenvolvemento do pensamento crítico, ser quen de seleccionar para os seus compañeiros e compañeiras a información máis relevante.
-Habilidade para traballar en equipo e para a resolución de conflictos e a mediación.
-Dinamización de centro escolar, crear unha rede de comunicación efectiva co alumnado presente, pasado que ao tempo serva como presentación para futuro alumnado.
-Mellora do clima do centro, a través da interconexión de rapaces pertencentes a diferentes niveis educativos e diferentes modalidades de ensinanza: distancia, semipresencial, adultos, alfabetización e do profesorado.
Para máis información e beneficios do programa, descarga este pdf: Correspondentes xuvenís