Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

Orientación

Punto Laranxa. Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar.

 

Co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar o 7 de novembro, lembramos que tedes á vosa disposición o Punto Laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.

Que é o Punto Laranxa?

O Punto Laranxa funciona como unha caixa de correo a través da cal calquera membro da comunidade escolar, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiras persoas.

Trátase dunha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Onde está o Punto Laranxa?

Podedes atopar o Punto Laranxa no segundo andar ao carón do Departamento de Orientación. Tamén podedes achegar a vosa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual nesta páxina web.

 

 

Non cales. Escoitámoste.

Publicación da oferta de FP Dual en Ourense para o vindeiro curso 2022-2023

Xa está dispoñible a oferta de FP Dual na provincia de Ourense para o vindeiro curso 2022-2023. No seguinte documento pdf, poderaste informar dos ciclos que se impartirán, tanto medios como superiores, así como as localidades e centros onde se desenvolverán. O documento tamén incorpora o correo de contacto das persoas responsables dos centros onde se imparten e que poderán informarte directamente da oferta do seu centro.

Fai clic na seguinte imaxe para consultar o arquivo

Información relevante do departamento de orientación

 

Información solicitude becas curso 24/25: Preme no seguinte enlace

 

Terapia psicolóxica gratuíta incluída no seguro escolar

Trala pandemia e o confinamento, moitos de nós podemos estar nun momento anímico difícil que poidera facer aconsellable acudir a un profesional da psiquiatría ou psicoloxía, cousa que na Seguridade Social ordinaria non está axeitadamente cuberta e que, de forma privada, non está ao alcance de tódolos bolsillos. Por iso, infórmovos que o seguro escolar permite acceder a terapia psicolóxica gratuíta. Nos seguintes enlaces atoparedes máis información sobre como solicitala:

 

Formación Profesional

 

Formación gratuíta Xunta Galicia

 

 

Información para orientadores

 

Programación do Departamento de Orientación

 

Departamento de Orientación

Poderás encontrar información relativa aos seguintes apartados:

Distribuir contido


by Dr. Radut