Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

blogue deadmin

,

Síguenos nas redes sociais:

          

 

 

Programación Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua

Calendario exames bacharelato primeira avaliación

Xa dispoñible para a vosa consulta o calendario de exames de Bacharelato da primeira avaliación. As probas realizaranse desde o luns 2 ao xoves 5 de decembro.

Fai clic sobre as imaxes para consultar a información en pdf.

 

Cuarta edición do Certame literario Loureiro: Aconteceu no Couto

Anímate a participar na cuarta edición do Certame literario Loureiro: Aconteceu no barrio do Couto. Poderás gañar un bono de 50 euros e un lote de libros. Deberás entregar o teu relato antes do 7 de marzo de 2025.

 

 

Trátase dunha actividade promovida pola Asociación de Veciños Loureiro en colaboración coa EPAPU Ourense, o IES O Couto, o CEIP O Couto e o Colexio Santo Ángel. Os relatos deben estar redactados en galego, ter unha extensión mínima dun folio e máxima de cinco e, o máis importante, estar ambientados no barrio do Couto. Calquera dúbida pódecha aclarar o teu profesorado.

Conmemoración 25-N: Charla de Malena de Jesús

Este venres tivemos unha xornada moi especial na EPAPU Ourense! Grazas á nosa compañeira Rosa Cid, contamos coa presenza de Malena De Jesús Rodríguez, directora do CIM e profesora da Universidade de Vigo. 

 

Malena ofreceu unha charla profundamente enriquecedora sobre a violencia de xénero e o labor fundamental que realiza o CIM. O noso alumnado mostrou unha grande atención e sensibilización ante este tema tan delicado e relevante.

                  

 

Grazas de corazón, Malena, pola túa dedicación e compromiso como muller inspiradora.  

Colabora coa operación quilo 2024: Quilabora!!!

A nosa escola tamén colabora coa Operación Quilo; campaña que, coma tódolos Nadais, organiza a asociación Amencer contando coa colaboración de Cáritas. No andar da planta baixa está instalado un colector onde poderás deixar as túas aportacións: roupa, xoguetes, alimentos... Tamén existen outras posibilidades de axudar na campaña: achega de donativos por Bizum, achega económica nos locais da asociación ou mediante transferencia á conta de Amencer, envío da compra dende o super ao local da asociación directamente...

Punto Laranxa. Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar.

 

Co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia e o Acoso Escolar o 7 de novembro, lembramos que tedes á vosa disposición o Punto Laranxa contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar.

Que é o Punto Laranxa?

O Punto Laranxa funciona como unha caixa de correo a través da cal calquera membro da comunidade escolar, desde o absoluto anonimato, pode trasladar situacións de acoso ou ciberacoso propias ou que sufran ou perciban en terceiras persoas.

Trátase dunha medida impulsada desde a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, docentes, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

Onde está o Punto Laranxa?

Podedes atopar o Punto Laranxa no segundo andar ao carón do Departamento de Orientación. Tamén podedes achegar a vosa mensaxe a través do Punto Laranxa virtual nesta páxina web.

 

 

Non cales. Escoitámoste.

Día non lectivo: 11 de novembro

Samaín 2024

Nesta celebración do Samaín o alén e as meigas apoderáronse do ambiente!

Con calacús tallados, disfraces e xogos de medo festexamos unha noite máxica onde a diversión estivo garantida. 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut