O día 8 de marzo o alumnado da quenda de noite celebraron o día da muller. Primeiro houbo unha presentación na que se explicaba por qué se escolleu o día 8 de marzo para conmemorar as mulleres traballadoras. A continuación dramatizouse unha escena da vida matrimonial de Einstein e a súa muller, Mileva Maric, unha grande investigadora á altura do seu home pero que foi eclipsada por el e tivo que renunciar á investigación. Fíxose a lectura da carta que o científico lle fixo asinar á súa muller e na que demostraba a falta de respecto por ela.
Logo proxectouse un vídeo de mulleres ao longo da historia. Posteriormente tres alumnas cantaron unha bonita canción titulada "Brillo de mujer" de Iván Ricardi e fixérono moi ben. Para rematar cantamos todos a canción "Canción sin miedo".
O acto foi moi emotivo polo tema e porque todos participaron con ilusión.