Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

blogue deadmin

Representación teatral da Idade Media a cargo do alumnado de Segundo ESA Noite

O alumnado de segundo ESA da quenda da noite levou a cabo unha representación da Idade Media con todos os feitos e acontecementos relevantes da época: a caída do imperio romano, a invasión dos xermanos, o imperio bizantino, o Islam e a súa chegada a España, a arte...

                  

Unha obra completa na que todas e todos puxeron moito interese. Interpretárona magníficamente ante os seus compañeiros e compañeiras dos outros módulos e todo o mundo disfrutou e aprendeu. Foi un traballo conxunto dos profesores de Ámbito Social e de Lingua Castelá que demostra que o traballo en equipo sempre dá bos resultados.

 

X Certame Literario ¨Falando de Solidariedade"

Anímate a participar no X Certame literario '"FALANDO DE SOLARIEDADE" organizado como cada ano polo CEIP Padre Crespo de Xunqueira de Ambía en colaboracion con outros centros escolares e concellos e que sirve para renderlle homenaxe a Celtia e Eva, mozas falecidas no ano 2013 no accidente do Tren Alvia de Santiago de Compostela.

Este ano a temática é: "Historias de superación en situacións de adversidade". Poderás participar na categoría de adultos cun relato, video, ou poema ...que traten algún exemplo de superación (enfermidade, adicción, perda dun ser querido...)

Consulta as bases e os premios neste enlace e anímate a participar. Contamos cos teus traballos que se deben entregar ao profesorado de lingua galega ou castelá antes do 17 de maio.

 

ACTO GRADUACIÓN FINAL DE CURSO


 

 

No club de lectura dos alumnos comentamos un novo libro: Las gratitudes

O luns 24 de abril celebramos unha nova xuntanza dun dos clubs de lectura. Nesta ocasión foi o grupo dos alumnos os que se reuniron en torno a un café, non pode faltar, para analizar a lectura do marabilloso libro de Delphine de Vigan "Las gratitudes". Intercambiaron impresións e opinións sobre a temática tratada pola autora nesta novela: as relacións persoais, a terceira idade, a dependencia...

23 de abril: Día do Libro

Desde a EPAPU de Ourense promovemos a aprendizaxe permanente ao longo de vida, de xeito que a idade non sexa impedimento para iniciar, continuar ou retomar a formación.
Todas e todos temos moito que dicir e que aportar a esta sociedade, independentemente da nosa idade.
Con esta reivindicación na nosa mente, este ano conmemoramos o Día do Libro o vindeiro 23 de abril con esta exposición de libros antigos que, malia ser “vellos”, “aínda teñen moito que contarnos”.

Nova reunión do club de lectura do alumnado da EPAPU

O pasado 27 de marzo celebramos unha nova reunión do club de lectura do alumnado da Epapu para comentar a lectura do libro de Ledicia Costas "Golpes de Luz" que deu moito de sí pola cantidade de temas que se tratan. Unha sesión ao redor dun café que resultou moi agradable.

 

Conmemoramos o día da poesía cun recital poético no Marcos Valcárcel

O pasado venres 24, o noso centro EPAPU, para celebrar o día da poesía, organizou un acto invitando ao grupo de poetas NÓS, XENTE DO REDOR, formado por poetas e poetisas ourensáns de grande nivel. O acto celebrouse na Sala do Centro Cultural Marcos Valcárcel, cedido pola Deputación Provincial a quen lle estamos moi agradecidos. 

 

O noso alumnado puido disfrutar dun recital marabilloso e entrañable ambientado con música.

Sen dúbida, unha experiencia que non esquecerán nunca. O noso centro ten a filosofía dunha educación integral para o noso alumnado, por iso diversifica actividades co fin de que vivan experiencias.

 

Podes visionar a gravación do acto no seguinte enlace: Recital Poético

 

 

Xuntanza do clube de lectura de profes, analizamos "Las gratitudes" de Delphine de Vigan

O pasado mércores celebramos a segunda reunión do clube de lectura de profesores. Analizamos a lectura do libro da autora francesa Delphine de Vigan "Las gratitudes". Unha fructífera reunión para un libro que gustou moito entre tódolos integrantes do clube de lectura.

Nota informativa: Alumnado de 2º BAC con pendentes de 1º

Nota informativa importante para o aumnado de 2º de Bacharelato que ten materias pendentes do primeiro curso.

Preme na imaxe para ver o pdf en detalle

Recital Poético no Centro Cultural Marcos Valcárcel

O vindeiro venres 24 de marzo no Centro Cultural Marcos Valcárcel a partires das 19:30, colaboramos na organización deste marabilloso recital poético coordinado por Avelino Jácome e presentado por Marina Sánchez no que poderemos deleitarnos coa poesía de Fina Cruz, Olga Nóvoa, Piedad Valencia, María Victoria e Armando González.

Agardámoste o próximo venres!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut