Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

blogue deadmin

A muller rural labrega: charla con Carmen Iglesias Sueiro e encontro coa poeta Ana Vila

Tralo inicio do curso a nosa BiblioEPA, en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua, retoma o desenvolvemento das primeiras actividades deste ano académico. Para abrir boca teremos unha interesante charla-coloquio coa mestra e politica ourensá Carmen Iglesias Sueiro. Será o vindeiro martes 18 de outubro de 19:30 a 20:15.

 

Posteriormente, o 26 de outubro, en doble sesión de mañá, na nosa escola de 11:50 a 12:40, e de tarde no Proxecto Home. O alumnado tera a oportunidade de coñecer á autora Ana Vila Portomeñe, poeta e labrega da parroquia de Meixonfrío, Taboada (Lugo). Autora de, entre outras obras: "Latexos dunha labrega", "Pintasías. Poesías e debuxos" e "Sentidos nunha aldea" ademais dunha variada obra colectiva.

Puntos de bookcrossing na escola

Os responsables da biblioteca do noso centro veñen de instalar dous puntos de Bookcrossing para o intercambio de libros. Nestes puntos poderás coller o libro que máis che interese para a súa lectura e tamén deixar aqueles que che gustaría compartir con outros lectores do noso centro. Anímate!!!

Lembra tamén, que no taboleiro de suxerencias de lecturas poderás atopar recomendacións interesantes. Este mes de outubro o autor recomendado é o ourensán Eduardo Blanco Amor.

Publicación de horarios e vacantes dos cursiños de Inglés, Francés e Informática

FAI CLIC NA IMAXE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN

 

Descarga, instalación e uso de AbalarMobil

 

     

Nos seguientes enlaces tes toda a información necesaria para descargar, instalar e utilizar a aplicación AbalarMóbil no teu teléfono. Recorda que é a maneira máis cómoda e rápida de coñecer as túas cualificacións.

É requisito imprescindible ter dado de alta o teléfono nos datos da matrícula do alumn@.

 

Guía de instalación e uso en pdf de AbalarMobil da Xunta de Galicia

Videotitorial de instalación e uso

Videotitorial sobre as funcionalidades de AbalarMobil da Xunta

 

 

 

 

Actos de presentación curso 22/23

Cursiños de Idiomas e Informática

Matrícula extraordinaria curso 22-23

Matrícula extraordinaria curso 22-23

Proba de avaliación inicial curso 22-23

Aberto prazo de matrícula curso 22-23

Distribuir contido


by Dr. Radut