Skip to Content

Enlace Aula Virtual

   

    

blogue deadmin

Encontros con autores: Laura Novelle

A BiblioEPA, invítanos a ler e a escoitar a unha muller excepcional: Laura Novelle. En dúas sesións o día 7 de marzo, pola mañá ás 11 no noso centro EPAPU de Ourense e pola tarde ás 17:00 no Salón de Actos do Proxecto Home. Licenciada en Historia e cun posgrao en Xestión documental pola Universidade Jaume I, investigadora, docente nos diversos campus da Universidade de Vigo, bibliotecaria, escritora...Nin a súa diversidade funcional nin a súa condición de muller foron un obstáculo para conseguir as súas metas. Podes saber máis dela lendo o seu blog "Docendo Discitur" e por suposto acudindo a escoitala. 

Mulleres que cambiaron a ciencia

Proposta do Departamento de Ciencias para o día da muller. Vai ir acompañado dunha dramatización realizada polos alumnos de 4ºESA Noite e da súa profesora Rosa Méndez Campos, devecemos porque chegue o día 8 para poder disfrutar da vosa arte.

Contra a guerra amizade, amor e tatuaxes

O EDL da EPAPU de Ourense ven de organizar dúas actividades para lembrar algo que hoxe parece olvidado: o amor, a paz e a amizade son os valores que temos que defender, a cidadanía ten nas súas mans defender no día a día a Paz que queremos para o mundo no noso entorno más próximo, coa familia, cos amigos e tamén cos inimigos. A paz é unha construción social, argallémola xuntos.

Probas libres de Bacharelato para maiores de 20 anos

23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

TRANSLINGUANDO OS VERSOS DE ROSALÍA

Neste curso en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e todos os Departamentos da EPAPU de Ourense quixemos destacar a forza inclusiva e formadora que teñen de seu as aulas do noso centro. Nelas alumnado de todas as idades, formación e nacionalidade comparten espazos de creatividade dos que xorden iniciativas coma esta que vos presentamos co gallo da celebración do día de Rosalía. Temos alumnado francés, mongol, paquistaní, indi, norteamericano, brasileiro, chino, senegalés, alxeriano, marroquí, suramericanos, afgano... Falamos en todas as linguas e en todas elas "translenguamos" á nosa poeta máis destacada. A partir de hoxe e durante 15 días iremos subindo ao BLOG DE DONAS DE SI os audios co poema "Adios ríos, adios fontes" lidos polo alumnado da EPAPU de Ourense na súa lingua materna, acompañaremos cada un deles cun cartel no que se poderá ler, observar a súa letra e escoitar a través dun QR como soa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.

 

Semana do amor e a amizade na EPAPU Ourense

Se queres demostrar o teu cariño a alguén só tes que dicilo, esperamos as túas mensaxes na urna da planta baixa. O vindeiro luns entregaremos as cartas xunto cun doce agasallo aos seus destinatarios.

 

Once de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

Co gallo da celebración o once de febreiro do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, na Escola traballáronse contidos relacionados coa ciencia e as nosas científicas. María, no blog Donas de Si, recopilou diferentes actividades que vos amosamos a continuación, cos enlaces ás respectivas entradas:

           

Calendario de exames de bacharelato da segunda avaliación

Aquí tedes o calendario de exames de Bacharelato da segunda avaliación. Realizaranse do 22 ao 25 de febreiro.

 Fai clic sobre as imaxes para consultar a información en pdf.

 

Gañador concurso de tatuaxes

Xa temos gañador do noso concurso de tatuaxes, Edgar de 1º de Bacharelato deixounos tolos con este deseño que esperamos sexa unha anticipación da paz que todos desexamos. Mención especial para Brais de Esad e para Joel de 2º Bacharelato que acadaron o segundo e terceiro posto respectivamente nas votacións públicas.
Como prometimos imos converter o deseño gañador nunha tatuaxe para lucir na nosa propia pel.
 

Once de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A nosa compañeira Sandra recomendounos este xogo de cartas que decidimos imprimir en galego e plastificar (grazas Belén!). Women in science que presenta a 44 científicas de disciplinas variadas. A baralla é unha idea de Anouk Charles e Benoît Fries e está composta por 52 cartas debuxadas polo artista Francis Collie. Xogando con esta singular baralla, pódese aprender sobre as achegas destas mulleres, algunhas delas moi pouco coñecidas. Ademais, este xogo pretende ofrecer modelos, tanto a mozas como a mozos, para que se animen a estudar carreiras de ciencias.

 

Se queres máis información ou descargar o xogo, podes facelo na web Mujeresconciencia

 

Así  nos quedou a nosa baralla:

 

Distribuir contido


by Dr. Radut