Xa está aberto o prazo para a solicitude de becas para o curso 2022-2023 se vas a estudar Bacharelato. Este ano adiantouse o prazo e deberás facer a solicitude antes do 12 de maio. Debedes solicitar a vosa beca dentro deste prazo, ainda que non saibades con certeza se vades a estudar ou non, en setembro poderedes facer as modificacións oportunas de ser o caso. Tes toda a información na web do ministerio de educación
Todos aqueles alumnos e alumnas de segundo de Bacharelato que teñan materias pendentes do primeiro curso e que queiran adiantar a avaliación para ter a opción de presentarse ás ABAU, deben comunicalo persoalmente en Secretaría. O prazo é ata o vindeiro 15 de Abril. Consulta a seguinte nota ou pídenos máis información se tes dúbidas.
O alumnado de 4º ESA A realizou diferentes actividades sobre a temática desta presentación da súa profesora Ana Arias, do departamento de Historia. Se visitades o blog de Donas de Sí da Epapu poderedes acceder a todas as actividades e produccións do alumnado que se atopan tamén nesta carpeta compartida de Drive
Dende o equipo de Dinamización da Lingua Galega da Epapu de Ourense queremos felicitar as alumnas que participaron na Olimpíada Filosófica deste ano. O EDL encargouse de traducir e correxir a disertación e os escritos que acompañaron ás producións das alumnas. Non conseguiu clasificarse a alumna de 1º de Bac Filipa Magalhaes aínda que para nós é unha auténtica campioa coa fotografía marabillosa que acompaña esta entrada. No caso da Disertación na que tamén presentamos un traballo SI QUE NOS CLASIFICAMOS!! Parabéns a nosa Correspondentes Da Epa Jennifer Taboada Expósito que resultou seleccionada para representar ao noso centro na defensa pública do seu traballo na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela. PARABÉNS ÁS DÚAS FILÓSOFAS DESTE CENTRO.
A nosa compañeira María realizou a montaxe deste video dunha das actividades máis bonitas que se fixeron con motivo do 8M ao longo da semana pasada. As alumnas e os alumnos de 4º ESA Noite e a súa titora Rosa, fixeron un traballo marabilloso. O alumnado púxose na pel de científicas ou dos seus familiares para transmitirnos de primeira mán a súa experiencia vital. Ademais do video resumo, se accededes ao blog de Donas de Si poderás ver os videos enteiros de tódalas intervencións.
Terapia psicolóxica gratuíta incluída no seguro escolar
Trala pandemia e o confinamento, moitos de nós podemos estar nun momento anímico difícil que poidera facer aconsellable acudir a un profesional da psiquiatría ou psicoloxía, cousa que na Seguridade Social ordinaria non está axeitadamente cuberta e que, de forma privada, non está ao alcance de tódolos bolsillos. Por iso, infórmovos que o seguro escolar permite acceder a terapia psicolóxica gratuíta. Nos seguintes enlaces atoparedes máis información sobre como solicitala:
Encaramos a semana do 8M con moita forza e un bo feixe de actividades deseñadas polos distintos departamentos da EPAPU. A nosa compañeira María recopilou todo o traballo feito e as actividades previstas para os vindeiros días en diferentes entradas do blog DONAS DE SI. Aquí vos deixo unha pequena escolma e os enlaces ás distintas entradas do blog.