23 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA
TRANSLINGUANDO OS VERSOS DE ROSALÍA
Neste curso en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega e todos os Departamentos da EPAPU de Ourense quixemos destacar a forza inclusiva e formadora que teñen de seu as aulas do noso centro. Nelas alumnado de todas as idades, formación e nacionalidade comparten espazos de creatividade dos que xorden iniciativas coma esta que vos presentamos co gallo da celebración do día de Rosalía. Temos alumnado francés, mongol, paquistaní, indi, norteamericano, brasileiro, chino, senegalés, alxeriano, marroquí, suramericanos, afgano... Falamos en todas as linguas e en todas elas "translenguamos" á nosa poeta máis destacada. A partir de hoxe e durante 15 días iremos subindo ao BLOG DE DONAS DE SI os audios co poema "Adios ríos, adios fontes" lidos polo alumnado da EPAPU de Ourense na súa lingua materna, acompañaremos cada un deles cun cartel no que se poderá ler, observar a súa letra e escoitar a través dun QR como soa. Grazas a todos e todas pola vosa colaboración.