PRAZO DE MATRÍCULA

06/19/2023 09:17

PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2023/24

 

Os cursos que teñen que facer matrícula, son os que o alumnado está actualmente  nestes cursos: 6º de Ed. Primaria, 1º, 2º e 3º de ESO.

PRAZO: Do 23 de xuño ao 7 de xullo.

HORARIO: De 10:00 a 13:00

O resto do alumnado que está no centro, en Ed. Infantil e Ed. Primaria non teñen que facer ningún trámite.

A aquel alumnado novo que entra en Ed. Infantil e Ed. Primaria, chamaráselle personalmente.

 

ROMARÍA 50 ANIVERSARIO

Celebramos o 50 aniversario do centro o DOMINGO 25 de XUÑO cunha gran romaría.

Para festexalo temos moitas actividades programadas e habilitaremos unha carpa con mesas para disfrutar dunha comida todos xuntos. Podedes traer a vosa comida pero ademais teremos a posibilidade de coller na festa racións de churrasco con patacas ou racións de polbo. Tamén haberá un camión de comida.

Se pensades pedir algunha ración na romaría, recollede os vosos tickets na conserxería do centro antes do 17 de xuño. O pago farase o día da comida.

 

 

ALÉRXENOS

06/02/2023 11:19

ALÉRXENOS

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR.

05/22/2023 14:05

ORDE DO 10 DE MAIO DE 2023 POLA QUE SE REGULA A PARTICIPACIÓ NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E SE CONVOCAN AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR DESTINADAS AO ALUMNADO MATRICULADO EN ED. PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL.

 

-AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO: 1º,2º,3º E 4º (a partir de 5º temos Edixgal e están excluidos).

-AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR: Ed. Primaria e ESO.

 

PRAZO PARA PRESENTAR SOLICITUDES: DO 20 DE MAIO AO 21 DE XUÑO DE 2023 (AMBOS INCLUIDOS)

AS SOLICITUDES PRESENTARANSE PREFERIBLEMENTE POR VÍA ELECTRÓNICA PERO, TAMÉN, NO CENTRO DOCENTE.

O FORMULARIO DE SOLICITUDE ESTARÁ DISPOÑIBLE NO CENTRO EDUCATIVO E NA SEDE ELECTRÓNICA DA XUNTA DE GALICIA, http://sede.xunta.gal

 

LISTAXES DEFINITIVAS

Publicadas as listaxes difinitivas do alumnado admitido e non admitido.

 

Poderán consultar as listaxes:

  • Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
  • Telematicamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

PROCESO ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2023-2024

LISTAXES PROVISIONAIS

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido.

Poderán consultar as listaxes:

- Presencialmente: Única e exclusicamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

- Telematicamente: Única e exclusicamente a través da aplicación admisiónalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixital.

Para formular a reclamación contra estas listaxes terán de prazo 5 días hábiles contados a partir de mañá.

 

Lembrámoslle que o PRAZO DE MATRÍCULA:

- Para o alumnado EI e EP: do 20 ao 30 de xuño de 2023.

- Para o alumnado ESO: do 23 de xuño ao 7 de xullo de 2023.

PLATAFORMA DIXITAL BIBLIOTECA

04/17/2023 08:00

PLATAFORMA DIXITAL BIBLIOTECA

Os centros educativos integrados no PLAMBE contades con este servizo, que complementa a colección física, e pode ampliar as posibilidades de lectura para o alumnado, profesorado e familias. Os fondos de E-LBE.2 están en constante actualización e inclúen unha importante selección de lecturas en galego, tamén en castelán, inglés, francés ou portugués. Recentemente puidemos incorporar unha selección de lectura fácil, e un amplo número de fondos con complementos audiovisuais (libros ilustrados, álbum, cómic, e libros con música).

Cada trimestre ofrécese unha serie de sesións de formación on-line, abertas a toda a comunidade (alumnado, profesorado, familias…), para informarse sobre como funciona a plataforma, e que posibilidades ofrece. Trátase de sesións virtuais breves (30 minutos) e interactivas, nas que podemos preguntar e solventar calquera dúbida.

Invitámosvos a compartir e difundir esta información entre os usuarios e usuarias da biblioteca escolar que coordinades, e moi en especial a información sobre as sesións de formación on-line, pois a primeira é inminente e poden resultar moi útiles, nomeádamente para as persoas da vosa comunidade de usuarios que quizá non estean tan habituados as tecnoloxías como o equipo docente e mesmo o alumnado.

Adxuntamos un documento que resume a serie de webinars formativas deste terceiro trimestre, ás que se pode acceder doadamente desde a propia plataforma E-LBE.2.

Documento

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer