Relación de libros de texto e material didáctico impreso para o curso 2022-2023

 

No seguinte enlace atoparedes a lista de libros de texto e materiais didácticos para o vindeiro curso:

 

LIBROS DE TEXTO E MATERIAIS DIDÁCTICOS

PROCESO MATRICULA ALUMNADO ESO CON PERMANENCIA NO CENTRO

Destinatarios:

 Alumnado da ESO CON PERMANENCIA no centro.

 Período de presentación de matrículas:

Do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Onde presentar a documentación? 

 Na secretaría do centro.

 En que horario? 

 Do 25 ata o 30 de xuño: de 9.45 a 12.00h e de 13.30 a 14:00h

 Do 1 de xullo ata o 10 de xullo: de 9 a 12 h.

 Que documentación presentar?  (Premer en cada documento para descargar).

  1. Impreso de matrícula1.

  2. O alumnado que solicite comedor escolar deberá presentar:

 a) Impreso de solicitude do servizo de comedor escolar1

 b) Modelo de autodeclaración e especificación (publicarase cando estea dispoñible)

3. Resgardo que xustifique o ter pagado o Seguro escolar (1,12€) no nº de conta Abanca ES372080 5433673040100135 (só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)

4. Autorización para a utilización da imaxe 1 do/a alumno/a.

  5. 1 fotografía tamaño carné.

  6. Impreso de materias optativas (só para alumnos que repitan curso)1

      Impreso1ºESO. Impreso 2º ESO. Impreso 3º ESO. Impreso 4ºESO

  7. Sobre de matrícula2

  8. O alumnado con enfermidade crónica que precise algún tipo de apoio no centro deberá solicitar e entregar debidamente cuberto o impreso do PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO1.

Se ao alumnado xa está dado de alta en dito plan, o/a pai/nai deberá pasar pola Secretaría do Centro, na segunda quincena do mes de setembro, para comprobar a información trasladada e deixar constancia por escrito que non hai ningunha modificación.

 

1Recóllese na secretaría do centro ou descárgase da páxina web do centro.

2Recóllese na secretaría do centro.

 

 

IMPORTANTE: Ao comezo de curso, é conveniente que todas as familias teñan descargada a aplicación AbalarMóbil nos seus terminais para a comunicación co equipo docente do alumnado.

 

 

 

MATRÍCULA ALUMNADO NOVA INCORPORACIÓN CURSO 2022-2023

Destinatarios:

Alumnado de nova incorporación ao centro.

Período de presentación de matrículas:

a.   Educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño de 2022

b.   E.S.O.: do 25 de xuño ao 10 de xullo de 2022

Onde presentar a documentación? 

Na secretaría do centro.

En que horario? 

De 9.45 h a 12 h e de 13.30 a 14 h

Que documentación presentar?  (Premer en cada documento para descargar).

1. Impreso de matrícula (AnexoIII_11 para Educación Infantil e Primaria e AnexoIII_21para Educación Secundaria).

2. Fotocopia de todas as páxinas do libro de familia _escritas a bolígrafo_. (Non é necesario entregar se xa se  fixo na solicitude de admisión)

3. Fotocopia do DNI do/a alumno/a, do pai e da nai, ou titores legais. (Non é necesario entregar se xa se fixo na solicitude de admisión)

4.  2 fotografías tamaño carné.

5.  Impreso de solicitude do servizo de transporte (de ser o caso):

  a) Impreso de solicitude do servizo de transporte1

b) O alumnado que queira solicitar transporte escolar e non teña dereito, deberá cubrir o impreso como usuario excepcional1.

6. O alumnado que solicite comedor escolar deberá presentar:

a) Impreso de solicitude do servizo de comedor escolar1

b) Modelo de autodeclaración e especificación (publicarase cando estea dispoñible)

7. Autorización para a utilización da imaxe 1 do/a alumno/a.

8. Formulario de elección de lingua1(só para 4º de educación infantil)

9. Certificación académica do último curso realizado expedido polo centro de orixe (sempre que o alumno/a non se incorpore por primeira vez ao sistema educativo obrigatorio español)

10. Autorización para a recollida do alumnado:

 a) Impreso  para alumnado de E. Infantile 1º, 2º,3º e 4º de Ed. Primaria 1.

 b) Impreso para alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e Ed. Secundaria 1.

11. Resgardo que xustifique o ter pagado o Seguro escolar (1,12€) no nº de contaAbanca ES372080 54336730 40100135 (só alumnado de 3º e 4º curso da ESO)

 

12. Impreso de materias optativas (só para Educación Secundaria)1

      Impreso1ºESO. Impreso 2º ESO. Impreso 3º ESO. Impreso 4ºESO

13. Sobre de matrícula2

14. O alumnado con enfermidade crónica que precise algún tipo de apoio no centro deberá solicitar e entregar debidamente cuberto o impreso do PLAN DE ATENCIÓN INDIVIDUALIZADO1.

 

1Recóllese na secretaría do centro ou descárgase da páxina web do centro.

2Recóllese na secretaría do centro.

 

IMPORTANTE: Ao comezo de curso, é conveniente que todas as familias teñan descargada a aplicación AbalarMóbil nos seus terminais para a comunicación co equipo docente do alumnado.

 

 

INFORMACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL CURSO 22-23

06/06/2022 11:11

ESTIMADA COMUNIDADE EDUCATIVA:

PRESENTAMOS A INFORMACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL ELABORADA POLO DEPARTAMENTO DE ORIENTACION, PARA O CURSO 2022-23 E PARA OS SEGUINTES CURSOS: 6º DE PRIMARIA, 1º, 2º E 3º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA.

 

-ENLACE INFORMACIÓN PARA 6º QUE PASA A 1º DE ESO

 

-ENLACE INFORMACIÓN PARA 1º QUE PASA A 2º DE ESO

 

-ENLACE INFORMACIÓN PARA 2º QUE PASA A 3º DE ESO

 

-ENLACE INFORMACION PARA 3º QUE PASA A 4º DE ESO

31 DE MAIO DÍA MUNDIAL SEN TABACO

05/27/2022 06:58

O PRÓXIMO MARTES DÍA 31 DE MAIO CONMEMÓRASE O DÍA MUNDIAL SEN TABACO.

DESDE O DEPARTAMENTO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS DO CONCELLO NOS ENVÍAN O MANIFESTO E O CARTEL CONMEMORATIVO QUE PROPÓN A OMS (ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE) PARA PROMOVER A LOITA CONTRA ESTA ADICCIÓN.

 

CARTEL

 

MANIFESTO

CIRCULAR INFORMATIVA FIN DE CURSO EN ESO

05/23/2022 09:13

Estimadas familias, publicamos información importante de cara ao final de curso en ESO:

Circular informativa

 

Un saúdo

A DIRECCIÓN

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS, AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23

 

  • Prazo presentación solicitudes: Do 19 de maio ao 22 de xuño, inclusive.
  • Modo presentación das solicitudes:

De xeito presencial na secretaría do centro educativo. Cumprimentar e descargar formulario normalizado anexo I e anexo II (aquí ou tamén se pode obter na secretaría do centro) xunto coa documentación solicitada.

 

De xeito informático: cubrindo o anexo dispoñible na aplicación informática Fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. para o que será preciso calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica, incluíndo o sistema de usuario e Chave365 

 

  • Destinatarios:    

 

- Fondo solidario de libros: alumnado matriculado en 3º e 4º de Educación Primaria.

 

Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria, alumnado con discapacidade igual ou superior ao 65% e alumnado con NEAE.

 

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Especial, Educación Primaria e ESO.

 

Membros computables da unidade familiar:

 

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, o titor ou titores do alumnado.

 

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados. Terán a mesma consideración que os/as fillos/as as persoas en situación de tutela ou acollemento familiar ou preadoptivo legalmente constituído

 

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

 

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

 

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

 

f) A persoa que, por novo matrimonio, en situación de unión de feito ou en situación de afectividade análoga ás anteriores con convivencia, resida no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado, agás nos casos de custodia compartida.

 

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

 

Non terá a consideración de membro computable:

 

a) A persoa proxenitora que non conviva co alumnado nos casos de separación legal ou divorcio, agás no caso de custodia compartida.

 

b) O agresor, nos casos de violencia de xénero, (sempre que formase parte da unidade familiar). 

 

En todo caso, terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2020, agás cando unha sentencia de separación ou divorcio posterior a esta data atribúa a custodia a un dos dous proxenitores e nos caos de violencia de xénero que se aplicará o disposto na súa lexislación específica.

 

Documentación a presentar:

 

a) Anexo I e Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

 

b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno/a e dos demais membros computables da unidade familiar.

 

c) En caso de separación ou divorcio, deberán achegar, ademais, a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables utilizando algún dos seguintes medios:

 

✓ Certificado ou volante de convivencia no que deberán figurar o/a alumno/a e todos os familiares que convivan con el/ela, ou un certificado dos servizos sociais do concello que acredite a situación familiar.

 

d) Certificado acreditativo do grao de discapacidade, se fose o caso, recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia. (De ser o caso).

 

e) Violencia de xénero (sempre que o agresor forme parte da unidade familiar): Acreditarase en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero. (De ser o caso).

 

f) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada, no caso que corresponda. (De ser o caso).

 

g) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado do centro de menores para o alumnado en tituación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. (De ser o caso).

 

h) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor e titores carezan de DNI e NIE. (De ser o caso).

 

 Comprobación de datos:

 

As persoas que se opoñan á consulta automática de datosAnexo II deberán marcalo e presentar:

 

- DNI ou NIE da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar.

 

- Certificado do grao de discapacidade recoñecido pola Xunta de Galicia. (De ser o caso).

 

- Percepción da pensión por incapacidade permanente total, absoluto ou gran invalidez, ou de pensión de clases pasivas por xubilación ou teriro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade (equivalente a unha discapacidade igual ao 33%).

 

- Declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas ou, na falta desta, o certificado tributario da imputacións no exercicio 2020 da persoa solicitante e do resto dos membros computables da unidade familiar, de ser o caso.

 

A solicitude será única para todos os fillos /as admitidos no mesmo centro.

 

Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22. 

 

Para ser beneficiario do banco de libros é condición indispensable ter devolto os libros de texto adquiridos coas axudas do curso 2021/2022.

 

Importante: entregar a documentación no centro de 9.45h a 12h ou de 13h a 14h.

 

 

 

 

 

Publicación Listaxes definitivas admisión de alumnado

Publicadas as listaxes definitivas de alumnado

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión dentro do prazo establecido para o próximo curso ten praza neste centro

Pódense consultar as listaxes no tablón do interior do edificio ao lado de conserxería.

 

 Formalización de matrículado 20 ao 30 de xuño de 2022.

 

LISTAXES PROVISIONAIS ALUMNADO

Publicadas as listaxes provisionais de alumnado

Todo o alumnado que presentou a solicitude de admisión dentro do prazo establecido para o próximo curso ten praza neste centro

Pódense consultar as listaxes no tablón do interior do edificio ao lado de conserxería.

 

 Formalización de matrículado 20 ao 30 de xuño de 2022.

 

 

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer