Ed. Infantil
Día de Rosalía
Durante o mes de febreiro, o alumnado do CPI Plurilingüe de Santa Lucía, traballou cos poemas da escritora Rosalía de Castro e aproveitando que en marzo, conmemórase o día mundial da poesía, deixámosvos esta pequena mostra dos seus recitados.
Esperamos que vos guste!
Blogue do Departamento de Orientación
Queridos alumnos, familias e profesores do CPI Plurilingüe Santa Lucía, damos a benvida a un novo espazo de encontro e de informacións para toda a comunidade educativa!
Dende hoxe estará activo o novo blogue do Departamento de Orientación do noso centro, onde poderedes encontrar todo tipo de información de interese para poder conseguir o mellor desenvolvemento do nosos nenos e nenas.
Como di este proverbio africano: "Para educar a un neno, fai falla a tribu enteira". Temos que facelo entre todos e todas. Todos somos importantes e aportamos elementos fundamentais nese desenvolvemento.
Nesto consiste este blogue, en que as familias, o profesorado e os propios rapaces e rapazas teñan un lugar onde encontrar información e vivencias que nos servan nesa tarefa de crecemento.
O nome deste blogue é "Felices para ensinar. Felicer para aprender".
Cremos que é un gran reto: Ser felices!!
Porque ser felices implica que a tribu fixo a súa labor.
A por ese gran reto...
Saúdos e benvidos.
O Departamento de Orientación.