PDC-XOGADE
Proxecto de Vida Activa e Deportiva
O noso centro, dentro do Plan Proxecta do curso 21/22, participa no proxecto PVAD Proxecto de vida activa e deportiva. O título do proxecto para este curso é: "XOGOS OLÍMPICOS DE MORAÑA". O programa depende da Secretaría Xeral para o Deporte - Fundación Deporte Galego, pretende axudar aos centros docentes a elaborar o seu proxecto deportivo de centro/vida activa e saludable, abordando a loita contra o sedentarismo, o sobrepeso e a obesidade a través do incremento, dentro e fora do horario lectivo, da carga real da actividade física que realiza o alumnado. |
Recursos web de referencia: https://galiciasaudable.xunta.gal/portada
Xornada de convivencia
O día 4 de maio fixemos unha xornada de convivencia na Fervenza de Raxoi en Valga cun xantar e posterior camiñata.
Algún profesorado e persoal non docente fixemos unha andaina e ruta camiñando pola fervenza e outros compañeir@s foron facer unha ruta en quad.
FOI UN DÏA MOI ESPECIAL!!!!!!
Horto Escolar
Este curso escolar 21/22 continuamos facendo formación de profesorado con Miudiño para a mellora e posta en funcionamento do noso horto escolar.
Ademais do acondicionamento do xardín e colocación de diversas plantas e flores, melloramos o horto de plantas aromáticas e medicinais.
Tamén puxemos en bancais diferentes legumes coma guisantes e fabas, e vexetais coma leitugas, remolachas , allos, repolos, espinacas, acelgas.....
Estamos aprendendo moitísimo, tanto o profesorado coma o alumnado.
Patios e recreos 2022
Os recreos este curso escolar foron un espazo de xogo moi divertido e cambiante.
Cada vez que os protocolos por mor do covid se modificaban ....era xenial. Primeiro flexibilizaron e permitían que nenas e nenos puidesen xogar sen máscara no exterior e despois xuntándose co alumnado de diferentes cursos por todos os patios do centro educativo...... FOI UN REENCONTRO EMOCIONANTE para o alumnado e para o profesorado xa que desfrutamos de velos tan felices xogando xuntas e xuntos nos recreos.
Este curso escolar continuamos igual que o curso pasado con xogos populares no tempo de lecer coma cordas, gomas, aros, xogos de mesa, ademais dos tipies, caixas de construción, hamacas, columpios, argolas para calistenia......
VISITA O CENTRO O EQUIPO NACIONAL DE PIRAGÜISMO
O día 9 de marzo visita o noso centro a sección de canoa do equipo nacional de piragüismo. Son 6 palistas en total incluída unha canoista chilena que adestra con eles. Todos teñen grandes resultados a nivel Internacional, incluídas medallas en campionatos do mundo, de Europa, Copas do Mundo e tamén Xogos Olímpicos.
DÍA DA PAZ - XOGOS COOPERATIVOS OLÍMPICOS
O día 31 de xaneiro e 1 de febreiro, dentro do proxecto Xogos Olímpicos de Moraña, disfrutaremos duns xogos e retos colaborativos/cooperativos para todo o alumnado de EI, EP e Secundaria para conmemorar o día escolar da non violencia e da PAZ. Nestes xogos os nenos e nenas non compiten entre sí senón que colaboran para conseguir un fin, incentivando o xogo en equipo e tamén valores como a empatía, colaboración do grupo, ninguén sobra e valórase o esforzo.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »